Actualidade
Buscador de novas
A Xunta colabora coa Universidade da Coruña para reforzar a atención temperá en Galicia
As familias galegas contan con máis de 50 centros na comunidade nos que recibir asesoramento e terapias para os seus fillos
Fabiola García anuncia que as mulleres emprendedoras poderán solicitar desde o luns as axudas do programa Emega
A Xunta destina 5 millóns de euros a estas achegas, das que se estima que se poidan beneficiar máis de 350 proxectos empresariais liderados por mulleres
Fabiola García destaca as casas do maior como recursos vertebradores da rede pública de atención no rural
Explicou que estes servizos de balde para o coidado dos maiores facilitan, á súa vez, a conciliación das familias e o asentamento de poboación no rural
A Xunta impulsa o proxecto Ribadeo Accesible para garantir o desfrute inclusivo da praia
A iniciativa, que conta colaboración de Cruz Vermella, dotará ao areal de recursos adaptados e persoal de apoio para facilitar o acceso e o baño a todas as persoas
A Xunta reforza co sector Asociativa a visibilidade do talento feminino nas profesións máis masculinizadas
Eloína Ingerto puxo en valor a creación de espazos de traballo e diálogo que permitan avanzar en políticas públicas de promoción da igualdade
A Xunta reforza o apoio a Alento e Aspavi para seguir prestando a mellor atención ás persoas con dano cerebral e discapacidade intelectual na zona de Vigo
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, indicou que a Xunta está a incrementar o financiamento destinado ás prazas concertadas da discapacidade
A Xunta favorece a inclusión de familias en situación de extrema vulnerabilidade que promove o programa Fogar Familia da asociación Ecos do Sur
A Xunta financiou con 150.000 euros a compra dunha vivenda compartida na cidade da Coruña a través das axudas con cargo ao 0,7% do IRPF
A Xunta considera insuficiente a reforma do financiamento da dependencia e reclama ao Goberno central o abono dos 3.000 M€ de débeda acumulada
Denuncia a “falta de garantías” da modificación impulsada polo Executivo central e reclama que se regule na lei de dependencia a estabilidade do sistema, financiando o 50% do custo real da dependencia, como xa asinou co País Vasco
Manuel Pardo salienta o apoio da Xunta para financiar o traballo dos CIM cunha nova orde de axudas de máis de 5 M€
O delegado territorial subliñou os máis dun millón de euros que a Consellería de Política Social e Igualdade destinou na convocatoria do ano 2025 destas axudas, aos 17 CIM da provincia de Ourense a prol da promoción da igualdade e da prevención e tratamento da violencia de xénero