Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.020 novas da C. de Política Social e Igualdade:

16/10/2025 | 14:13 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García pon en valor a transformación do sector de coidados impulsada pola Xunta e centrada na sinerxia entre o ámbito sanitario e o social

A conselleira destaca que o obxectivo do Goberno galego “é pasar dun modelo reactivo a un proactivo, evolucionando do paradigma do paciente ao do cidadán”

16/10/2025 | 13:47 | C. de Política Social e Igualdade

Galicia reduce os tempos de tramitación da dependencia e da discapacidade mentres que aumenta a media nacional

Os tempos de espera na comunidade reducíronse un 10% no que levamos de exercicio fronte a subida do 4,5% da media estatal

16/10/2025 | 13:14 | C. de Sanidade; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta presenta unha guía que reforza a perspectiva de xénero na atención primaria e ten en conta as distintas etapas das mulleres para mellorar a súa saúde

Gómez Caamaño precisa que as diferenzas de saúde entre mulleres e homes non se explican só por trazos biolóxicos, tamén por factores socioculturais ou roles

15/10/2025 | 19:40 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta aposta por seguir apoiando o emprendemento feminino como piar dun rural vivo e de oportunidades

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, explicou que a Administración autonómica impulsa proxectos liderados por mulleres no rural a través da convocatoria Emega

15/10/2025 | 18:49 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apoia as iniciativas que combaten o idadismo e promoven a cultura do respecto e o coidado polas persoas maiores

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo,  lembrou que o Goberno galego elaborou de xeito pioneiro as Estratexias galegas contra o Idadismo e a Soidade non Desexada

15/10/2025 | 16:31 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García avanza que os cinco centros de crise para vítimas de violencia sexual atenderon a 300 mulleres no primeiro semestre do ano

A conselleira de Política Social e Igualdade destaca que estes recursos funcionan “a pleno rendemento as 24 horas do día” e que a Xunta elaborará un informe anual que recollerá a súa actividade

15/10/2025 | 12:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia preto de 3 M€ para axudar ás familias de Infantil e Primaria que utilicen comedores xestionados polas ANPAs, concellos e centros concertados

Estas novas axudas beneficiarán a preto de 20.000 alumnas e alumnos e irán moduladas en función da renda familiar