Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.021 novas da C. de Política Social e Igualdade:

26/09/2025 | 11:53 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta avala o papel das entidades sociais como piar fundamental do sistema de protección da infancia

Jacobo Rey salientou que o traballo do terceiro sector permite situar Galicia como segunda comunidade con mellores ratios de acollemento familiar e potenciando a súa visibilidade

26/09/2025 | 11:15 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en marcha un proxecto de ‘Lectura Sénior’ na residencia de maiores das Gándaras, en Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, explica que a Biblioteca pública autonómica achegará mensualmente ao centro libros, música, películas e outros recursos culturais seleccionados en base ás preferencias dos usuarios

25/09/2025 | 16:52 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta agradece a Cojebro a súa iniciativa do Camiño Solidario Segurlike, que busca axudar ás persoas máis vulnerables de todo o país

A recaudación desta nova edición da peregrinaxe estará destinada a Cáritas Diocesanas para contribuír a mellorar a situación das zonas afectadas pola Dana

25/09/2025 | 14:40 | C. de Política Social e Igualdade

O delegado territorial da Xunta en Ourense visita a Escola Infantil Antela

Manuel Pardo saudou á nova traballadora, que principiará en outubro as prácticas formativas non remuneradas como persoal técnico especialista en xardín infantil, grazas ao Convenio de Colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación de Persoas con Discapacidade de Ourense

25/09/2025 | 14:34 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García pon en valor o labor que desenvolven as entidades sociais na atención e coidado dos maiores

Destacou a importancia deste tipo de encontros, que reúne a unha decena de centros residenciais de Galicia e conta coa asistencia de máis de 160 persoas

25/09/2025 | 12:49 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta actualizará o protocolo de atención temperá e acreditará os centros que prestan este servizo

A mellora do protocolo vixente farase en consenso con entidades sociais, concellos, colexios de profesionais e familias

25/09/2025 | 12:20 | C. de Política Social e Igualdade; Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

A Xunta inviste 30.000 € na mellora da zona exterior da escola infantil pública autonómica de Betanzos

Instalarase  pavimento de caucho continuo na área de xogos e un novo valado para separar as aulas, e ademais mellorarase a impermeabilización da cuberta do patio posterior

24/09/2025 | 18:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta avalía a remodelación do local de maiores de Oroso, na que investiu 18.000 euros

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar destacou que a colaboración entre administracións e fundamental para mellorar este tipo de instalacións fundamentais para a veciñanza

24/09/2025 | 18:19 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García pide responsabilidade á oposición e que non tente facer política co ataque violento contra o centro específico de atención a menores de Monforte

A conselleira de Política Social e Igualdade agradece que, tras moitos meses de críticas ao sistema de protección da infancia e da adolescencia, agora os grupos políticos recoñezan que se trata dun modelo integrador e inclusivo