Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.234 novas da C. de Política Social e Igualdade:

24/09/2026 | 15:14 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García recibe a Alegría, unha peregrina de Murcia que durante dúas décadas axudou a persoas con discapacidade a facer o Camiño de Santiago

A conselleira de Política Social e Igualdade destaca o carácter inclusivo da ruta xacobea e “o importante beneficio emocional” que xera en todas as persoas que o percorren

24/09/2026 | 13:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta achega o seu servizo Quérote+ aos estudantes universitarios de Lugo

A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, visitou a mesa informativa coa que o Goberno amosa o labor deste recurso nas xornadas de benvida aos alumnos

24/09/2026 | 12:29 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reafirma o seu compromiso coa protección das vítimas de trata a través de recursos e medidas específicas de protección

Roberto Barba explicou que se está executando xa o II Plan galego de trata, cun incremento do 30% na súa dotación económica con respecto ao anterior

23/09/2026 | 17:43 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta avoga pola sensibilización fronte á discriminación contra as persoas en situación de pobreza

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou no II Simposio Europeo sobre Aporofobia, onde salientou o compromiso do Goberno galego para combater os prexuízos e promover o respecto e a participación activa de toda a poboación

23/09/2026 | 14:45 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García denuncia a irresponsabilidade do Goberno central e a mala xestión da situación dos menores que permanecen en Ceuta

Alerta de que o sistema de protección da infancia está “ao límite” e que Galicia non ten recursos para “seguir acollendo con esta intensidade”, tras recibir a 150 no último ano pese ao recorte do 82% do financiamento

23/09/2026 | 13:09 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca que Galicia é a comunidade con mellores políticas de conciliación e corresponsabilidade

Explica que o obxectivo principal do Bono Concilia Familia é dar prioridade ás familias nas que os dous proxenitores traballan no momento en que os fillos acoden a un recurso de conciliación durante épocas non lectivas

23/09/2026 | 12:49 | C. de Política Social e Igualdade

A delegada da Xunta en Ferrol destaca o papel fundamental das casas do maior á hora de prestar unha atención de calidade e próxima nas zonas rurais

Lembra que o Goberno galego destina este ano máis de medio millón de euros para a creación de dez novas casas do maior na comunidade autónoma

23/09/2026 | 11:51 | C. de Política Social e Igualdade

Belén do Campo destaca en Laxe o compromiso coa conciliación da Xunta a través da gratuidade da educación infantil de 0 a 3 anos que beneficia a 32.000 familias galegas

A delegada da Xunta visitou o Punto de Atención á Infancia de Laxe que amplía ata as 197 as prazas públicas gratuítas para as familias na comarca de Bergantiños-Costa da Morte

22/09/2026 | 19:34 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca os premios Son Muller como unha referencia para dar visibilidade ao talento feminino na provincia de Lugo

Eloína Ingerto destacou o compromiso do Goberno galego con AELU e con esta iniciativa coa que colabora anualmente