Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.021 novas da C. de Política Social e Igualdade:

04/09/2025 | 13:00 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca que Galicia é a única comunidade que está por riba da barreira do 60% de escolarización na etapa 0-3 e supera en 15 puntos a media estatal

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, subliña que a rede de prazas públicas nas escolas infantís “continúa medrando ano a ano” e que o obxectivo é que Galicia sexa líder en matriculación por cuarto curso consecutivo

04/09/2025 | 12:02 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor o traballo das Hermanas Oblatas de Ferrol que no que vai de ano atenderon a 250 persoas vítimas de trata e explotación sexual

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, e o director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, visitaron esta mañá o centro de día O´Mencer onde coñeceron os proxectos que xestiona a entidade co apoio autonómico

04/09/2025 | 10:09 | C. de Política Social e Igualdade

O DOG publica a nova convocatoria do Bono Concilia Familia, que poderá solicitarse desde o vindeiro luns para o pago de campamentos ou coidadores a domicilio

O Executivo galego destina máis de 2,5M€ a esta orde de axudas que o pasado ano chegou a máis de 15.000 familias galegas

03/09/2025 | 13:38 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García avanza que o obxectivo da Xunta é consolidar a Galicia como líder absoluto de escolarización en 0-3 por cuarto curso consecutivo

A conselleira pon en valor a continua ampliación da rede de prazas públicas, con 61 novas no concello de Ordes grazas á apertura da nova escola municipal ‘Herminio Rial’, financiada polo Goberno galego con máis de 930.000 euros

02/09/2025 | 14:55 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García agradece o labor de integración e inclusión impulsado polas entidades sociais que traballan no sistema de protección de menores

A conselleira pon en valor o modelo galego, que se basea na integración dos menores, na proximidade, no arraigamento na contorna e no acompañamento máis alá dos 18 anos

01/09/2025 | 15:29 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta salienta a traxectoria da Fundación San Rosendo na atención e coidado das persoas maiores

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou hoxe na tradicional peregrinación ao santuario dos Milagros

01/09/2025 | 15:00 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Rueda resalta que o Bono Coidado no Fogar beneficia xa a 33.000 persoas e permitiu duplicar o número de dependentes que son atendidos na contorna familiar

Salienta a boa acollida desta axuda directa de 5.000€ anuais para todos os dependentes atendidos no seu domicilio sen importar o seu nivel económico

01/09/2025 | 14:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia a mellora do patio exterior da escola infantil pública autonómica de Rois

A actuación consistiu na substitución do chan da zona exterior do centro por caucho continuo

30/08/2025 | 15:03 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta dará a coñecer o seu servizo Quérote+ entre o alumnado universitario coincidindo co inicio do curso

Instalaranse mesas informativas e se celebrarán obradoiros sobre as relacións igualitarias, respectuosas e o bo trato entre os días 3 e 24 de setembro