Actualidade
Buscador de novas
A Xunta abre a licitación para as obras de mellora do complexo de atención a menores de Ferrol
O Executivo galego destina preto de 100.000 euros para as actuacións que suporán o cambio da cuberta e dos elementos de recollida de auga, así como a renovación do muro exterior
A Xunta enxalza o labor das entidades sociais a prol dos dereitos das persoas con ELA e a visibilización desta doenza
Perfecto Rodríguez lembrou que Galicia foi a primeira Comunidade Autónoma en contar cunha achega económica anual para os doentes
A Xunta participa na xuntanza de maiores do concello do Pino
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, puxo en valor este tipo de encontros que fomentan o papel activo das persoas maiores na sociedade
A Xunta abre a licitación para a contratación de 20 novas prazas de atención residencial nos concellos de Guntín e Láncara
O Executivo galego destina máis de 1M€ para a reserva e ocupación deste lote de prazas por un proceso inicial de dous anos
A Xunta destaca que o diálogo social é fundamental para seguir avanzando en medidas integrais de loita contra a violencia de xénero
Roberto Barba lembrou que Galicia é unha comunidade referente na posta en marcha de medidas pioneiras e trasladou o compromiso do Executivo galego de seguir traballando na mesma liña
Fabiola García pon en valor a aposta de Amicos por combinar a inclusión social e a conservación medioambiental
A conselleira acompañou aos voluntarios medioambientais da entidade, que lle amosaron as iniciativas medioambientais e de coidado dos mares que desenvolven grazas ás axudas con cargo ao 0,7% do IRPF
A Xunta colabora co concello de Baiona na mellora da mobilidade no edificio consistorial
A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, e o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, inauguraron o novo elevador e a Oficina de Atención Cidadá
A Xunta outorga a Medalla Emilia Pardo Bazán á política Manuela López Besteiro, á deportista olímpica Teresa Portela e á Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia
Os galardóns recoñecen o labor e as accións desenvolvidas polas persoas premiadas a prol da igualdade de xénero entre mulleres e homes en Galicia
A Xunta destaca que máis de 5.000 persoas xa se achegaron ao Espazo de Igualdade e Punto Lila e Arco Iris nos festivais para asesorarse en materia de igualdade e LGBTI
Estes recursos que agora están no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, percorrerán despois o Atlantic Fest, no Río Verbena, no Morriña Fest e no Caudal Fest