Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.851 novas da C. de Política Social e Igualdade:

16/05/2025 | 15:55 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia con 21.000 € as obras de mellora do seu centro de día en Oímbra

Ademais, asinará un convenio de colaboración para destinar 13.100 euros á adquisición dun elevador para cubrir as necesidades das persoas con mobilidade reducida que fan uso da piscina municipal

16/05/2025 | 13:24 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade

A Xunta destina este ano 500.000 euros ao novo centro 24 horas de atención ás vítimas de violencia de xénero aberto no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, visitou as instalacións acompañada polo xerente da área sanitaria e o subdelegado do Goberno en Pontevedra

16/05/2025 | 12:47 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia en Narón a construción dun centro de educación especial e servizo de atención temperá a través do Programa Leader

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá as instalacións promovidas pola asociación Nuestra Señora de Chamorro que contaron cunha axuda de preto de 131.000 euros a través deste programa

15/05/2025 | 18:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta eleva ata os 140.000 euros as achegas ao Concello de Ribadeo para mellorar o seu centro de día

O ente autonómico asinará un novo convenio de colaboración coa Administración local para completar a climatización da galería do inmoble

15/05/2025 | 14:33 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta lembra que está aberto o prazo para solicitar as axudas destinadas a fomentar o asociacionismo feminino

A directora xeral de Promoción da Igualdade participou nas xornadas de Afammer para poñer en valor o papel das mulleres no rural

15/05/2025 | 13:53 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta felicita a ACCEM polos dez anos de traballo do programa Acouga na atención ás persoas sen fogar

O director xeral de Inclusión Social fixo fincapé na colaboración entre a entidade e o Executivo galego para impulsar medidas de inclusión sociolaboral das persoas máis vulnerables

15/05/2025 | 13:07 | C. de Política Social e Igualdade

Manuel Pardo pon énfase nas iniciativas da Xunta que promoven a participación dos maiores en todos os eidos sociais

O delegado territorial desprazouse esta mañá ao embarcadoiro de Santo Estevo para saudar aos mais de oitenta usuarios das residencias dos Miragres, do Carballiño, de Castro Caldelas, de Burela, da Milagrosa (Lugo), das Gándaras (Lugo) e da residencia de maiores de Monforte de Lemos que participan nun paseo en catamarán pola Ribeira Sacra, dentro das actividades impulsadas pola Consellería de Política Social e Igualdade co fin de promover o envellecemento saudable

15/05/2025 | 10:10 | C. de Política Social e Igualdade

Galicia consolida o seu liderado na taxa de escolarización na etapa de 0 a 3 anos

Os últimos datos que acaba de publicar o Goberno central confirman que a nosa comunidade mantense por riba do 60%, 13 puntos superior á media nacional

14/05/2025 | 14:04 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Rueda enxalza a residencia impulsada pola Fundación Amancio Ortega na Coruña como exemplo de colaboración público-privada para un modelo de coidados de referencia en Galicia

Lembra que o obxectivo da Administración autonómica é a creación de 24 novas residencias con 1.800 novas prazas en concellos de menos de 50.000 habitantes

14/05/2025 | 12:11 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta enxalza os programas da asociación Boa Vida de Pontevedra a prol da inclusión social das persoas máis vulnerables

O director xeral de Inclusión Social sinalou que o Executivo galego destina este ano máis de 294.000 euros a través de diferentes convocatorias de achegas para apoiar diferentes programas