Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.020 novas da C. de Política Social e Igualdade:

06/07/2025 | 12:02 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca os avances dos últimos anos na atención á discapacidade nunha nova edición da convivencia de familias de Special Olympics-Fademga

Reiterou o compromiso do Goberno galego ás entidades que traballan neste ámbito e puxo como exemplos o concerto social ou as axudas para programas e o mantemento de centros

06/07/2025 | 11:14 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apoia con 116.000 euros actividades de 36 ANPAS e dúas federacións de pais e nais lucenses para fomentar a igualdade

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que as Anpas beneficiarias destas axudas convocadas pola Consellería de Política Social e Igualdade pertencen a 29 municipios lucenses

04/07/2025 | 15:19 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta comprométese a seguir traballando para que Galicia sexa un referente na atención ás vítimas de violencia de xénero

Roberto Barba avanzou que o Executivo galego traballa na elaboración dun protocolo específico para a Policía Local para garantir a mellor intervención de proximidade 

04/07/2025 | 13:52 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta renova un ano máis a súa colaboración coa Fundación Andrea para o apoio ás familias con nenos hospitalizados con enfermidades graves

Fabiola García pon en valor o traballo desta entidade a través de iniciativas como ‘Soporte Vital’, que ofrece atención de fisioterapia, logopedia ou musicoterapia, así como aloxamento temporal ás familias na contorna do hospital

04/07/2025 | 13:48 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apoia a proposta de poñer en marcha un centro de día de titularidade municipal en Teo

A través dun convenio, financiouse con 180.000 euros a compra dun inmoble para adaptalo como servizo de atención diúrna

03/07/2025 | 15:55 | C. de Política Social e Igualdade

Martina Aneiros pon en valor o traballo da Fundación Santo Hospital de Caridad na atención ás persoas sen fogar

Lembra que ata o 9 de xullo está aberto o prazo de solicitude das axudas a entidades sociais para actividades de servizos sociais comunitarios e de inclusión social que xestiona a Consellería de Política Social e Igualdade

02/07/2025 | 15:23 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina 103.000 euros ás obras de mellora do seu centro de día para persoas con alzhéimer e outras demencias de Ferrolterra

Antón Acevedo destacou que en Galicia hai sete centros destas características que suman máis de 560 prazas

02/07/2025 | 14:53 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina máis de 768.000 euros para a nova escola infantil pública de Ponteareas que beneficiará un cento de familias

Fabiola García sinalou que o Executivo galego financia o 88% das actuacións a través da convocatoria para a creación de novas prazas con fondos MRR

02/07/2025 | 14:11 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García salienta que máis de 230 concellos galegos impulsan iniciativas de conciliación e corresponsabilidade familiar grazas ao apoio da Xunta

Executivo galego financia con 6,5 M€ do Plan Corresponsables diferentes campamentos de verán e actividades para nenas e nenos nos períodos non lectivos

02/07/2025 | 13:06 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apoia tres programas da Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses para mulleres en situación de vulnerabilidade

As achegas, publicadas nas últimas semanas, suman 67.600 euros para o desenvolvemento de medidas de integración sociolaboral