Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.838 novas da A Presidencia da Xunta:

27/07/2026 | 13:58 | A Presidencia da Xunta
27/07/2026 | 13:38 | A Presidencia da Xunta; C. de Facenda e Administración Pública

Rueda destaca que a Xunta garante un ano máis de estabilidade coa aprobación dun teito de gasto non financeiro para 2027 que supera os 15.000 M€

“Galicia vai seguir a súa propia senda de estabilidade e confianza e, para iso, é fundamental ter orzamentos cada ano”, salientou

27/07/2026 | 13:37 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia dotarase dunha nova normativa de titulacións universitarias máis flexible que adaptará o número mínimo de alumnado para fortalecer o sistema

O Consello toma razón do inicio do trámite de consulta pública previa do futuro decreto para regular estas ensinanzas, en cuxa elaboración están participando as universidades públicas

27/07/2026 | 13:27 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

Rueda anuncia que a Xunta lanzará por primeira vez unha orde de axudas específica para as vítimas de violencia sexual

Salienta que o obxectivo destas achegas, de ata 12.500 €, é “favorecer a recuperación integral destas mulleres e os seus fillos”

26/07/2026 | 16:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

Rueda defende a Galicia do exterior como un motor clave para a atracción de talento e o crecemento da comunidade

Salienta a importancia da colaboración entre as institucións e as entidades financeiras estratéxicas para impulsar o crecemento do tecido empresarial e o apoio ás pemes e autónomos

23/07/2026 | 14:41 | A Presidencia da Xunta; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Rueda amosa o compromiso da Xunta coa conservación e difusión do patrimonio arqueolóxico subacuático das costas galegas

Tendo en conta os valores históricos e a ameaza da súa desaparición, o Goberno galego levará a cabo en setembro unha intervención para documentar o pecio de Punta Restelos, en Fisterra, e rescatar pezas mobles

22/07/2026 | 21:34 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Cultura, Lingua e Xuventude; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o libro ‘Miradas do Camiño’ de Manuel Quintana Martelo como obra clave para achegarse aos sentimentos dos peregrinos na ruta xacobea

Salienta o carácter intimista á vez que universal desta publicación que recompila acuarelas do autor, baseadas na súa propia experiencia camiñando cara a Santiago

22/07/2026 | 14:19 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda destaca o Grupo Cándido Hermida como un referente do prestixio internacional de Galicia no sector contract

Agradece a visión emprendedora e a aposta da firma pola innovación, o talento e a formación, destacando a súa colaboración pioneira coa FP Dual na comarca