Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.635 novas da C. de Sanidade:

25/06/2026 | 11:54 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño reivindica na asemblea do Clúster Saúde de Galicia a fortaleza da comunidade como un dos territorios con maior proxección de futuro en innovación sanitaria

Destaca proxectos de enorme relevancia en innovación sanitaria na comunidade, como o Xenoma Galicia, o futuro Centro de Protonterapia, o Centro de Fabricación de Terapias Avanzadas, o rexistro de persoas centenarias ou o Centro de Ciberseguridade

25/06/2026 | 11:37 | C. de Sanidade

A Xunta dá por finalizadas as alertas por episodio de calor

Desde hoxe ningunha zona de Galicia está en alerta

24/06/2026 | 10:44 | C. de Sanidade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta mantén alertas por episodio de calor, aínda que desde hoxe non hai zonas en nivel vermello

Suspéndese de 12.00 a 17.00 horas a actividade deportiva XOGADE e federada no exterior na Mariña, montaña e centro de Lugo e na zona de Valdeorras, en Ourense, por alerta laranxa por calor

23/06/2026 | 17:48 | C. de Sanidade

Belén do Campo reúnese co presidente da Asociación Española contra o Cancro da Coruña para avanzar en novas liñas de colaboración coa entidade

A representante autonómica salientou que o Goberno galego mantén unha estreita colaboración coa Asociación Española contra o Cancro, coa que coopera no impulso de diferentes plans de prevención, detección temperá e apoio ás persoas afectadas

23/06/2026 | 17:06 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde presenta na Mesa Sectorial a proposta de nova estrutura das áreas sanitarias destinada a reforzar a atención primaria

Todas as áreas sanitarias contarán cunha Dirección de Atención Primaria e Comunitaria que dependerá directamente da Xerencia, ao igual que a Dirección de Atención Hospitalaria e Integración Asistencial

23/06/2026 | 15:26 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade

A Xunta presenta ao CAIA a Lei de protección da saúde das persoas menores e prevención das condutas adictivas

O Goberno galego agradeceu as propostas construtivas presentadas polos membros deste Consello de cara a mellorar a situación da infancia e da adolescencia

23/06/2026 | 13:27 | C. de Sanidade
23/06/2026 | 10:23 | C. de Sanidade

A Xunta publica a orde de creación do Consello Técnico Asesor dos Programas de Detección Precoz de Cancro, que facilitará a participación da sociedade na coordinación dos cribados oncolóxicos

O Diario Oficial de Galicia recolle a composición do órgano, que contará con representación dos pacientes e reunirá profesionais de epidemioloxía, oncoloxía, medicina preventiva e xenética

23/06/2026 | 09:43 | C. de Sanidade; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta amplía as zonas en nivel vermello por episodio de calor e lembra á poboación a importancia de seguir as recomendacións para evitar efectos na saúde

Establécese o nivel 3, vermello, nas zonas isoclimáticas do noroeste da Coruña, A Mariña, centro e sur de Lugo, montaña de Lugo e Valdeorras

23/06/2026 | 09:19 | C. de Sanidade

A campaña estival de doazón de sangue “Un alento de vida” chega ao concello de Melide

O municipio coruñés acadou no 2025 un dos índices de participación máis elevados de Galicia, obtendo unha taxa de 91 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano