Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.829 novas da C. de Sanidade:

17/11/2026 | 12:35 | C. de Sanidade

Belén do Campo participa na campaña de doazón de sangue no edificio administrativo da Xunta para fomentar a solidariedade entre o persoal e a cidadanía

A delegada do Goberno autonómico trasladou o seu sincero agradecemento a todas as persoas doantes, e de maneira especial nesta ocasión, ao persoal da Xunta e ás persoas usuarias do edificio administrativo, polo seu compromiso cun xesto solidario que salva vidas

17/11/2026 | 12:20 | C. de Sanidade

A Xunta e as universidades públicas galegas reforzan o acompañamento psicolóxico ao estudantado tras atender a 370 alumnos en 2025

A colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e as institucións académicas permite a Galicia adiantarse e dotarse xa dos mecanismos de atención psicolóxica que establece como obrigatorios o novo Estatuto do Estudantado Universitario

16/11/2026 | 14:50 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Sanidade

A Xunta pon en marcha este mesmo mes unidades especializadas en patoloxías músculo-esqueléticas e de psiquiatría menor en cada área sanitaria

O Consello analizou hoxe un informe sobre o despregamento das medidas do plan integral de benestar laboral aprobado no marco do Diálogo Social, con medidas coma esta, co fin de actuar sobre as patoloxías que máis baixas laborais provocan

16/11/2026 | 14:30 | C. de Sanidade

A gala solidaria ‘Diez Raz10nes’, patrocinada pola Xunta, recadou máis de 18.000 euros en beneficio de Alume e a Área de Humanización do Hula

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, participou hoxe na entrega dos fondos recadados neste evento gastronómico 

16/11/2026 | 11:17 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño pon en valor o Plan galego de saúde ambiental 2026-2030, dotado con máis de 2,7 M€, e subliña a importancia da implicación municipal na prevención de riscos

Destaca que a Cátedra Institucional de Saúde Ambiental, creada pola Xunta e a Universidade de Santiago de Compostela, recompila preto de 40 boas prácticas de 21 concellos galegos

15/11/2026 | 13:14 | C. de Sanidade

Sanidade participa no evento final do proxecto europeo Innov4life no marco da conferencia Future Health organizada pola Universidade do Porto

O evento congregou profesionais, investigadores e entidades dos sectores sanitario e tecnolóxico para abordar a transformación dixital e a calidade de vida dos maiores

15/11/2026 | 11:05 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca as 4.699 prazas de persoal estatutario que o Servizo Galego de Saúde oferta nas oposicións celebradas en 2026

Os exames da quenda de mañá reuniron a 936 opositores dos 1.202 admitidos nas categorías de médico asistencial do 061, terapeuta ocupacional, dietista-nutricionista e electricista

14/11/2026 | 17:51 | C. de Sanidade

As probas da fase de oposición do Servizo Galego de Saúde acadan unha participación do 75 % na súa quenda de tarde

Os exames da quenda de tarde reuniron a 5.852 opositores dos 7.800 convocados para acceder á categoría de celador, tanto pola quenda xeral como pola de discapacidade intelectual

14/11/2026 | 17:25 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde pon en valor a proximidade e a relación entre profesional e paciente da medicina rural

A Atención Primaria ten unha especial relevancia debido á realidade xeográfica e demográfica de Galicia

14/11/2026 | 16:22 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño sitúa o III Encontro Médico de Bergantiños como un destacado espazo para achegar a medicina á cidadanía

Salienta que a iniciativa contribúe a fortalecer os vínculos entre os facultativos