Actualidade
Buscador de novas
O Servizo Galego de Saúde aproba a oferta de destinos para o persoal médico de atención primaria
O número total de prazas ofertadas na categoría de médico de atención primaria é de 452 e na de facultativo especialista de atención primaria ofértanse 77
ADOS realiza un chamamento para aumentar as reservas de sangue dos grupos A positivo, A negativo, 0 positivo e B positivo
Os grupos sanguíneos amosan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o chamamento e solicitar a colaboración na doazón de sangue
A Xunta inviste máis de 12,1 M€ no reforzo dos servizos asistenciais da atención primaria durante o verán
O Executivo galego aprobou esta mañá o Plan de cobertura da atención primaria no verán de 2025
A Xunta licita por 1,5 M€ a xestión de proxectos e desenvolvemento de 26 aplicacións informáticas do Servizo Galego de Saúde
Entre estas aplicacións están as que conforman o sistema de información de diagnóstico por imaxe, dos bancos de sangue, dos laboratorios de microbioloxía, dos tratamentos anticoagulantes orais ou do control de receitas de talonario en papel
O 061 de Galicia asistiu 83 persoas por 62 accidentes de tráfico durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 20 de xuño, ata as 23,59 horas do domingo, 22 de xuño, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 73 chamadas por accidentes de tráfico
O 061 de Galicia aconsella precaución co consumo de alcohol, a condución e o lume das fogueiras na noite de San Xoán
A Central de Coordinación do 061 reforza o seu persoal ante o incremento do número de chamadas por intoxicacións, accidentes de tráfico e queimaduras
A Xunta presenta os seus proxectos de vida saudable no XXIII Congreso Nacional de Medicina Preventiva en Pamplona
Representantes da Consellería de Sanidade presentaron en Pamplona o uso da ferramenta Living Healthy Tool e o mapa Atopa Saúde, cos que promove hábitos saudables entre a poboación
Gómez Caamaño reivindica a excelencia científica e humana da sanidade galega no acto de entrega do Premio Nóvoa Santos
O conselleiro de Sanidade resalta que o doutor Paz-Ares encarna a combinación de prestixio, ciencia e humanidade
Galicia necesita aumentar as reservas de sangue dos grupos A positivo, A negativo e B positivo
Os grupos sanguíneos amosan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o chamamento de colaboración na doazón de sangue
A Xunta vai iniciar de forma inminente a actualización do protocolo de atención temperá, para o que contará co tecido social e coas familias
O Goberno galego seguirá incrementando o número de unidades de atención temperá, que xa chegan a 200 concellos