Actualidade
Buscador de novas
Lete Lasa confía en que o Deportivo Liceo “reverdecerá os seus laureis” nesta nova tempada que comeza coa Supercopa da Coruña
O secretario xeral para o Deporte destaca os nove metais acadados pola patinaxe galega nos World Skate Games de Italia dos que catro ouros foron conseguidos por deportistas galegos de hóckey patíns: Jacobo Copa coa sub 19, María Sanjurjo coa absoluta feminina e César Carballeira e Ignacio Alabart coa absoluta masculina
A Xunta colabora co Club Ensino nun programa para impulsar entre os escolares a actividade deportiva e a igualdade
O Ensino School Prix propón unha competición lúdica entre centros educativos da provincia en cada partido que dispute o equipo de baloncesto lucense como local
Lete Lasa destaca a importancia de que 'a mellor deportista de SUP do mundo sexa muller e galega' na recepción a Espe Barreras
Destaca a “incrible carreira de Espe, que xa suma, coas tres medallas acadadas en Copenhague, nove medallas nos últimos catro mundiais, sendo seis de ouro e tres de prata”
Lete Lasa destaca os 35 anos do Vigo Rugby club, “o mellor equipo de rugby masculino de Galicia e o único que conseguiu acceder á elite”
Lembra ás grandes figuras do Vigo Rugby como o adestrador neozelandés Norm Maxwell, o presidente Ramón Babé ou o primeiro adestrador, Manolo Lago, homenaxeado no día de hoxe
Lete Lasa enxalza ao Club Arteal Tenis de Mesa como “un dos mellores equipos, non só de España, senón de toda Europa”
Destaca a calidade de dous dos máximos estandartes do Arteal, Enio Mendes e Humberto Manhani que acadaron os éxitos máis importantes do club, así como Mateo Lois, xogador de trece anos que este ano debutará na Primeira División co filial
O número de deportistas galegos recoñecidos no alto nivel segue medrando e chega aos 1.335
A paridade de xénero achégase máis ao equilibrio co 40% de mulleres (529) e o 60% de homes (806)
A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle o sábado un programa especial de ‘O noso basket’ no marco da Copa Galicia de Baloncesto
Retransmitirase en directo, estará aberto ao público e contará coa participación dos ex-xogadores Tito Díaz, Suso Fernández e Manel Sánchez, entre outros