Actualidade
Buscador de novas
Galicia xa suma 866 deportistas recoñecidos dos que o 82 % son deportistas galegos de alto nivel
Entre estes nomeamentos destacan novos deportistas galegos de alto nivel como Jorge Candán e María del Pilar Barros, campións do Mundo de vídeo submarino; Noel Domínguez en piragüismo; Adrián Mosquera en piragüismo (paracanoe); Estrella López Sheriff en judo; Ferenc Szabo como adestrador de halterofilia; ou Nico Rodríguez que se suma á lista de deportistas galegos de alto nivel vitalicios
Lete destaca a preeminencia e o carácter pioneiro do Rallye de Ourense que encabeza as dez probas galegas nos calendarios nacionais de automobilismo
O secretario xeral para o Deporte participou na presentación da 56ª edición que este ano pasará polos concellos de San Cibrao das Viñas, Pereiro de Aguiar, Amoeiro, Maside, Irixo, Boborás, Barbadás, A Merca, Celanova , Cartelle, Toén e, por suposto, Ourense do 16 ao 17 de xuño
Lete Lasa advirte que o modelo de deporte europeo debe regular a súa función social, educativa, cultural e de saúde
O secretario xeral para o Deporte participou na xornada de hoxe nas ‘Xornadas sobre a Lei do Deporte’ organizadas pola Universidade de Vigo na Facultade de Ciencias da Educación e Deporte
Lete destaca ao Club Fluvial Lugo como pioneiro e fundamental nos grandes éxitos do piragüismo galego
O secretario xeral para o Deporte tamén destacou o alto nivel do club en natación, orientación ou tenis e os preto de 17.000 socios que o converten nun dos clubs máis numerosos de Galicia
A Escola de Vela adaptada para persoas con discapacidade física e psíquica do MRCYB é posible un ano máis grazas ao convenio coa Xunta
Nos últimos anos vense ofrecendo tamén a persoas maiores, nenos tutelados e mulleres vítimas de violencia de xénero
Lete Lasa destaca a capitalidade galega no salvamento e socorrismo que neste 2023 acolle seis campionatos de España
O secretario xeral para o Deporte destaca a figuras galegas desta disciplina como Antía García, Eva Feijóo, Gabriel Rodríguez ou Alejandro Chacón
Lete Lasa destaca a preeminencia de Galicia na historia do hóckey español que cumpre cen anos
Destaca que os primeiros estatutos da Federación Galega datan de 1933, polo que neste 2023, o centenario do hóckey español coincide de xeito simultáneo co 90 aniversario do hóckey galego