Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 4.811 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

03/02/2026 | 18:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta comparte co Foro cidadán polo ferrocarril a demanda de melloras ferroviarias en Ferrolterra

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes reuniuse con representantes do colectivo para escoitar as súas reivindicacións e presentarlle o estudo impulsado polo Goberno galego con propostas de mellora da mobilidade e do transporte ferroviario

03/02/2026 | 17:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia participa na segunda edición do Foro Celta para fomentar a cooperación entre rexións do atlántico europeo

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, asistiu ao Foro, que reuniu en Glasgow a nacións e rexións de tradición celta e que contou coa participación de Galicia xunto con Escocia, Irlanda, Gales, Cornualles, Illa de Man e Bretaña

03/02/2026 | 12:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A nova Lei de Administración Local de Galicia impulsada pola Xunta busca reforzar a suficiencia financeira dos concellos e abordar retos actuais e futuros

Aposta por un novo sistema de participación nos tributos autonómicos, coa incorporación de criterios como a dispersión xeográfica e o envellecemento da poboación ante a inacción do Goberno central na materia

02/02/2026 | 19:25 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
02/02/2026 | 17:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
02/02/2026 | 15:23 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda anuncia que a Xunta avanza na futura Lei de administración local para dotar aos concellos dun novo marco xurídico adaptado ás súas necesidades

O Consello autoriza someter á audiencia e información pública o anteproxecto co fin de remitilo ao Parlamento galego no segundo trimestre deste ano

02/02/2026 | 13:46 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Club de Piragüismo Cidade de Lugo na renovación de catro embarcacións

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que a Secretaría Xeral para o Deporte achega 10.000 euros con cargo ao programa de axudas para equipamento 

02/02/2026 | 13:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia

Nadela celebra esta fin de semana a Feira do entroido, organizada pola asociación veciñal de San Xoán de Pena co apoio da Xunta

A Delegación Territorial acolleu a presentación da cita, que contará con postos de venda de produtos de artesanía e alimentación, animación musical, concurso de disfraces e un xantar popular a base de cocido

02/02/2026 | 11:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca as primeiras axudas de 2026 para o apoio ás entidades deportivas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de subvencións para o desenvolvemento de actividades deportivas destinada a clubs, sociedades anónimas, seccións e núcleos de adestramento especializado de Galicia

01/02/2026 | 20:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoiou con 15.000 euros a mellora e equipamento do local social da asociación de veciños de San Xoán de Tirimol

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou as instalacións, reformadas con cargo á orde de axudas da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para colaborar coas entidades veciñais