Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 4.812 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

25/12/2025 | 10:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta publica novas resolucións das axudas para a transformación e modernización de frotas de transporte de viaxeiros e de mercadorías

O Diario Oficial de Galicia recolle as resolucións de ambas as liñas, que suman entre setembro e novembro 184 subvencións concedidas por case 2,7M€ 

23/12/2025 | 12:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta acorda co Concello de Curtis a creación dun novo servizo de interese municipal para mellorar o transporte do instituto do concello con Teixeiro

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o alcalde de Curtis, Javier Caínzos formalizaron coa UTE Hércules o convenio que permitirá activar o SIMU e implantar o próximo 8 de xaneiro, coincidindo co remate das vacacións de Nadal, tres novas expedicións para cubrir os horarios de entrada e saída do centro

23/12/2025 | 10:39 | C. do Mar; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Unidade de Policía Nacional Adscrita identifica nove persoas e tramita 13 actas de infracción por furtivismo nas praias de Boiro

A actuación levouse a cabo no marco dun operativo de prevención levado a cabo o pasado en colaboración da Confraría de Pescadores de Cabo do Cruz, que se saldou ademais co comiso de máis de 31 quilos de ameixa e berberecho e diverso material

22/12/2025 | 20:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colaborou na mellora do local social de San Xusto de Cabarcos, en Barreiros

O delegado territorial, Javier Arias, explica que o Goberno galego achegou 11.500 euros á asociación de veciños San Pastor para acometer o revestimento do chan

22/12/2025 | 17:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo preside a Comisión Territorial de Coordinación e fai balance dun ano marcado pola alta execución dos proxectos da Xunta na provincia

A delegada da Xunta destacou a súa presenza constante en todos os concellos da provincia para poñer en valor os proxectos executados e, ao mesmo tempo, escoitar de primeira man as necesidades dos municipios

22/12/2025 | 16:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta cumpre cos prazos para culminar a próxima semana a terceira e última fase de implantación da nova oficina xudicial

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou hoxe por videoconferencia no pleno da Conferencia Sectorial da Administración de Xustiza, onde lembrou que o Goberno galego xa rematou o proceso de acoplamento de persoal e xa se está a organizar a súa reubicación

22/12/2025 | 15:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta contribúe con máis de 17.000 euros á mellora do equipamento do parque biosaludable de Ortigueira

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, e o alcalde da localidade, Valentín Calvín, supervisaron esta mañá as actuacións financiadas pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

22/12/2025 | 15:02 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta declara Ben de Interese Cultural a música e o baile tradicionais galegos

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, sinala que o Consello dá o visto e prace a este recoñecemento na categoría de patrimonio inmaterial “para poñer en valor un dos elementos máis importantes da identidade cultural galega: o noso folclore”

22/12/2025 | 14:59 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes