Actualidade
Buscador de novas
Galicia únese a outras rexións europeas para salvagardar a competitividade do sector siderúrxico europeo
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou nun seminario do Comité Europeo das Rexións, celebrado en Avilés
A Xunta activa a alerta laranxa desde mañá por temporal costeiro no litoral da Coruña e Lugo
Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese
Rueda salienta a importancia de reforzar o papel das rexións e dos concellos na construción do proxecto europeo
“Queremos contribuír como ata agora a construír unha Europa forte, cohesionada e próxima nas decisións á cidadanía”, indicou
A Unidade de Policía Nacional adscrita de Galicia esclarece un incendio no concello de Silleda
O lume, que presentou 12 focos diferentes, foi provocado pola expulsión de cisco incandescente polo tubo da saída de gases dun tractor que circulaba pola pista forestal afectada
A Xunta informa aos concellos da área do sur de Vigo de que se están a analizar as súas suxestións á reestruturación das concesións de autobús tras finalizar hoxe o prazo para remitir as súas achegas
Os 18 municipios da zona estaban convidados a trasladar as súas propostas ata este luns
A Unidade de Policía Nacional adscrita de Galicia e o servizo de Gardacostas comisan 25 quilos de percebe na Coruña
Este comiso é o resultado dun operativo contra o furtivismo na zona da Torre de Hércules que se saldou con catro persoas investigadas e coa tramitación das correspondentes actas de sanción por infrinxir a Lei de Pesca de Galicia
A Xunta incide na necesidade de promover a saúde no deporte de alto nivel e destaca o compromiso do Goberno galego neste ámbito
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participa na xornada ‘A saúde do deporte do alto nivel’, organizada pola Universidade da Coruña e a Administración autonómica no marco da Cátedra SXD Galicia Activa