Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.045 novas da C. de Economía e Industria:

22/05/2024 | 16:30 | C. de Economía e Industria

Xunta e Concello de Mos abordan o proxecto de ampliación do parque empresarial Louredo

O novo polígono contará cunha superficie de preto de 480.000 metros cadrados nos concellos de Mos e Redondela

22/05/2024 | 15:55 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda destaca o papel das empresas familiares á hora de dinamizar a economía galega e facer medrar a comunidade

Resalta a súa importancia “por volume, por calidade das actividades desenvolvidas e por tradición”

22/05/2024 | 14:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta a importancia do talento como “gran activo” do tecido empresarial e como “motor que move a economía do futuro”

A directora do Igape, Covadonga Toca, inaugura a xornada ‘20 Temas estratéxicos para o futuro de Galicia’, onde destaca o papel das “persoas, clave e fundamento de todo”, para consolidar unha industria galega competitiva nun mercado global a través de “liñas estratéxica que fortalezan un crecemento intelixente e sostible”

22/05/2024 | 14:13 | C. de Economía e Industria

A Xunta e o Clúster Saúde de Galicia proseguen no labor de impulsar a transferencia entre as empresas do sector

Ambas entidades asinaron un convenio de colaboración a principios deste ano para impulsar a cadea de valor do sector biotecnolóxico sanitario

21/05/2024 | 21:00 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca a aposta do sector naval galego pola especialización tecnolóxica

Pon en valor o papel que desempeña o clúster do naval, Aclunaga, á hora de apoiar, xunto á Administración autonómica, os obxectivos do sector: a diversificación de mercados, os avances tecnolóxicos para a mellora de procesos e servizos, a formación e a eficiencia

21/05/2024 | 19:46 | C. de Economía e Industria

Lorenzana reúnese con responsables do Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia para avanzar nos traballos de elaboración do plan director para o sector

A Conselleira de Economía e Industria aproveitou o encontro para explicarlles o novo programa de axudas para a industria auxiliar que contempla apoios máximos de entre 300.000 e 700.000 € por proxecto

21/05/2024 | 14:59 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda pon en valor a potencia do naval galego e as oportunidades de futuro dun dos motores da economía da comunidade

Asegura que é “un dos escaparates” de Galicia no exterior e un sector que cómpre “coidar” xa que representa o 5% do PIB galego e que da traballo a 26.000 persoas

21/05/2024 | 13:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta reforza o apoio ao sector forestal-madeira coa incorporación de novos recursos e servizos á Axencia Galega de Industrias Forestais

O Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, pasa a formar parte da Área de Innovación Forestal da Xera, que xa contaba co CIS-Madeira (San Cibrao das Viñas, Ourense)

21/05/2024 | 12:52 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda analiza coa directiva de Redeia os investimentos na rede eléctrica precisos para cubrir as necesidades da industria galega

Lembrou a necesidade de que a planificación eléctrica que fixa o Goberno inclúa as obras necesarias para garantir a posta en marcha de proxectos empresariais estratéxicos en Galicia