Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.038 novas da C. de Economía e Industria:

21/05/2024 | 13:21 | C. de Economía e Industria

Manuel Pardo destaca as bondades do consumo de produtos frescos no comercio de proximidade

Manuel Pardo animou a todos os asistentes a sumarse a esta campaña coa que, en definitiva, se busca dinamizar estes espazos achegándose á cidadanía para potenciar a compra do produto local, ademais de poñer en valor o bo facer dos profesionais

21/05/2024 | 13:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta reforza o apoio ao sector forestal-madeira coa incorporación de novos recursos e servizos á Axencia Galega de Industrias Forestais

O Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, pasa a formar parte da Área de Innovación Forestal da Xera, que xa contaba co CIS-Madeira (San Cibrao das Viñas, Ourense)

21/05/2024 | 12:52 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda analiza coa directiva de Redeia os investimentos na rede eléctrica precisos para cubrir as necesidades da industria galega

Lembrou a necesidade de que a planificación eléctrica que fixa o Goberno inclúa as obras necesarias para garantir a posta en marcha de proxectos empresariais estratéxicos en Galicia

20/05/2024 | 15:45 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda anuncia que a Xunta apoia con 18 M€ ao sector da automoción galega para facilitar a súa transición a unha mobilidade sustentable

Resalta que o obxectivo é apoiar “ás empresas auxiliares a ser máis competitivas” ante o “gran desafío” que supón a expansión do vehículo eléctrico

20/05/2024 | 13:19 | C. de Economía e Industria

Publicada a primeira convocatoria de axudas do Fondo de Transición Xusta para impulsar a mellora da sustentabilidade enerxética no sector industrial da provincia da Coruña

O Diario Oficial de Galicia faise eco da convocatoria á que se destinan 7 millóns de euros e que favorecerá a mobilización de 15,5 millóns de euros e a creación ou mantemento de máis de 150 postos de traballo

18/05/2024 | 13:20 | C. de Economía e Industria

Lorenzana pon en valor a implicación do tecido empresarial no fomento de proxectos de aforro e eficiencia enerxética

A conselleira de Economía e Industria visitou esta mañá o aloxamento La Curia, beneficiario do programa de renovables térmicas para diferentes sectores da economía galega, onde lembrou que o prazo para solicitar este apoio permanece aberto ata o vindeiro 31 de xullo

16/05/2024 | 16:20 | C. de Economía e Industria

Lorenzana salienta o traballo que está a facer a Xunta para impulsar a competitividade das empresas provedoras da automoción

Subliña que o plan director que a Xunta está elaborando para o sector é un plan a varios anos que pretende dirixir a estratexia público-privada na automoción en Galicia

15/05/2024 | 21:29 | C. de Economía e Industria

Lorenzana aborda con Ceaga os pormenores da liña de axudas extraordinaria que a Xunta vai aprobar para a industria auxiliar da automoción

Trátase dunha das reunións técnicas que, desde a Consellería de Economía e Industria, se están mantendo cos axentes da industria da automoción para completar os traballos do plan director do sector comprometido para os primeiros cen días de goberno, xunto co da industria naval