Actualidade
A Xunta aposta pola transformación dixital e a colaboración con Trigal para optimizar procesos de xestión e atención ao cliente
A delegada da Xunta en Vigo visitou as instalacións da empresa viguesa e coñeceu de primeira man o proxecto para mellorar os procesos internos na compañía
A Xunta promove o investimento empresarial para que pemes e autónomos impulsen novos proxectos, diversifiquen produtos e melloren liñas de produción
O director do Igape, Fernando Guldrís, visitou Lau Creaciones, empresa de Santiago de Compostela dedicada á comunicación gráfica que, grazas ao programa Galicia Inviste, adquiriu unha nova prensa dixital que lle permite competir en prezo, calidade e capacidade produtiva no mercado actual
A Xunta convida as PEMES ourensás a participar no programa de bonos de innovación para gañar en competitividade
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, adiantou nunha xornada desenvolta na Confederación Empresarial de Ourense que o Diario Oficial de Galicia (DOG) prevé publicar mañá a nova convocatoria desta iniciativa
A Xunta abre o prazo de solicitude do programa Galicia Renova Electrodomésticos
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe en Monforte de Lemos Electrodomésticos Domínguez, un dos 419 establecementos que xa están adheridos
A Xunta agarda que a decisión do Tribunal Supremo supoña unha oportunidade para o avance industrial de Galicia
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asegura que é unha boa nova para todos os traballadores e que demostra que industria e preservación do medio ambiente son compatibles
Galicia e Canarias avanzan no seu proxecto conxunto de observación da biodiversidade con vehículos non tripulados
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, reuniuse co xerente do Parque Tecnolóxico de Fuerteventura, Eduardo Pereira, para sentar as bases do proxecto e afianzar os detalles da colaboración entre as administracións
A Xunta abre mañá o prazo para que particulares soliciten axudas para a renovación dos electrodomésticos nos fogares
Gabriel Alén explicou que estas subvencións se darán ata que se esgote o crédito con data límite ata o 30 de setembro
A Xunta impulsa a transformación dixital e sustentable dos comercios coruñeses
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe na cidade da Coruña os establecementos Nima e Amusko Perfumería, que participaron no programa de axudas para a modernización e a dixitalización co que o ano pasado se mobilizaron investimentos por máis de 2 M€ en 229 negocios da provincia
A Xunta destina 435.100 € a 18 pemes lucenses para implementar proxectos de dixitalización
O delegado territorial, Javier Arias, visitou as instalacións de A Vida 013, que está a introducir un sistema integrado de xestión para o mellor control de todas as operacións de produción e administración
A Xunta asegura que empresas como TyM Ganain permiten a Galicia contar cunha industria auxiliar que dá soporte a sectores clave na transformación enerxética e dixital
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou as instalacións desta compañía en Mos da que destacou a súa aposta pola diversificación, a innovación, a sustentabilidade e a internacionalización