Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.387 novas da área temática Sanidade:

18/09/2024 | 18:00 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca o programa galego código ictus como garantía de acceso á mellor asistencia especializada, que o pasado ano atendeu máis de 2.400 pacientes dos hospitais comarcais

Sinala que, dada a dispersión poboación da comunidade, Galicia ten o deber de abordar esta enfermidade coa máxima atención, realizando un esforzo crecente tanto en prevención, como en camiños asistenciais máis innovadores e eficaces

18/09/2024 | 13:29 | C. de Sanidade

A Rede de Praias sen Fume promovida pola Xunta amplíase a 242 areais e premia aos 45 concellos coa categoría de ouro

Este proxecto pioneiro, posto en marcha en 2016, conta actualmente coa adhesión dun total de 82 concellos

18/09/2024 | 11:19 | C. de Sanidade

A Xunta inicia hoxe mércores a nova estratexia de vacinación fronte ao virus do papiloma humano para inmunizar 27.000 varóns nados entre 2006 e 2009

A partir de hoxe os propios nenos ou as súas familias poden solicitar directamente cita para vacinarse no seu centro de saúde e os profesionais da sanidade pública galega informarán á poboación diana da conveniencia de vacinarse

17/09/2024 | 14:53 | C. de Sanidade

A Xunta crea a Rede de promoción da saúde na poboación xitana para o fomento de hábitos saudables coas mulleres da comunidade como axentes de cambio

O proxecto comezará este ano e desenvolverase ata 2027 co obxectivo de promover unha alimentación saudable, a actividade física e a prevención do tabaquismo e doutras condutas de risco no colectivo

17/09/2024 | 14:51 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade destaca o compromiso da Xunta coa sanidade pública de Moaña con 9 M€ de investimentos en marcha e a dotación dunha nova ambulancia

Gómez Caamaño incide en que os veciños deste concello terán un centro de saúde moderno, accesible, confortable e preparado para ofrecerlles unha asistencia sanitaria de vangarda e de máxima calidade

17/09/2024 | 11:30 | C. de Sanidade

A Xunta destina 494.000 euros á adquisición de camas e mesas para o Complexo hospitalario universitario de Ourense

O Portal de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe a licitación do mobiliario que terá como destino as áreas reformadas da Unidade de Cuidados Intensivos 

16/09/2024 | 17:49 | C. de Sanidade

A Xunta inviste 2,3 M€ para o reforzo dos espazos de datos sanitarios e a mellora da información que se achegará ao profesional do ámbito da saúde

Galicia aposta desde hai anos polos espazos de datos de saúde, elementos clave para xerar coñecemento co fin de mellorar a saúde das persoas

16/09/2024 | 16:29 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 600.000 euros o subministro de neveiras para a conservación de vacinas nos centros sanitarios de atención primaria

O Executivo galego adquirirá un total de 509 neveiras para a almacenaxe de medicación nos centros de saúde e nos PAC da rede sanitaria pública galega

16/09/2024 | 16:12 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca que Galicia está á vangarda de España na detección temperá das enfermidades raras a través do programa de cribado neonatal

O Programa galego de cribado neonatal examinou entre 2020 e 2023 a máis de 463.000 neonatos, permitindo instaurar tratamento no prazo recomendado a 679 deles

16/09/2024 | 15:02 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

A Xunta inicia a nova estratexia de vacinación fronte ao virus do papiloma humano para inmunizar 27.000 varóns nados entre 2006 e 2009 a partir deste mércores

Rueda destaca que con esta medida Galicia adiántase á recomendación da Comisión Nacional de Saúde Pública e amplía desde esta semana a vacinación a rapaces menores de 18 anos