Actualidade
ueda anuncia que a Xunta avaliará os efectos sociais e económicos dos proxectos de cara ás declaracións de impacto ambiental
Adianta que así se recollerá na nova lei sobre aproveitamento dos recuros naturais, que comezará mañá a súa tramitación no Consello do Goberno galego
A Xunta afirma que o proxecto de Altri é vital para a transformación industrial de Galicia e esixe que o Goberno axilice os fondos europeos comprometidos
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, apunta no Parlamento que esta iniciativa, que supón un investimento de 800 millóns de euros, require a plena colaboración de todas as administracións para que esta industria se leve adiante coas máximas garantías
A Xunta impulsa a Axenda de startups co obxectivo de promover o seu crecemento e fomentar a captación de investimentos e novos socios
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá en Santiago de Compostela na xornada organizada por APD e Unirisco ‘Investir en ciencia si é rendible’
A Xunta destaca que a nova iluminación ornamental do Colexio dos Escolapios de Monforte contribúe a incrementar o valor deste conxunto
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou na inauguración do proxecto, financiado pola Fundación Iberdrola España
Rueda anuncia unha lei para que os beneficios do aproveitamento dos recursos naturais galegos se reinvistan en Galicia
O Consello da Xunta ten previsto dar este xoves o primeiro paso para a tramitación da normativa sobre a que se sentarán as bases para a futura creación dunha sociedade público-privada
A Xunta apoia ás pemes lucenses para que dean os primeiros pasos na innovación
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou hoxe a iniciativa emprendora Biobocado, que grazas á súa participación na primeira edición de Bonos de innovación desenvolveu un novo produto de pastelaría saudable
A Xunta e o concello de Beariz avalían novas vías de colaboración para impulsar a actividade empresarial no municipio
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta semana un encontro co alcalde do municipio ourensán, Manuel Prado
Rueda resalta que as novas instalacións de Inleit en Curtis van situar Galicia á vangarda da industria láctea e contribúen a que o leite galego poida transformarse na comunidade
Destacou a “gran oportunidade” que supón este proxecto para xerar valor engadido ao leite galego a través da súa transformación sen saír de Galicia
O CESGA e Dihgigal poñen ao servizo das pemes galegas servizos de computación de altas prestacións para incrementar a súa competitividade
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, interveu hoxe na presentación do Nodo de Computación de Altas Prestacións do Hub de Innovación Dixital Dihgigal, que ten como obxectivo acelerar a transformación dixital do tecido produtivo galego a través da oferta de servizos avanzados
A Xunta destaca a empresa coruñesa elPulpo como exemplo da aposta do comercio galego pola sustentabilidade e a dixitalización
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, subliñou na visita ás instalacións desta compañía que o sector se está a revitalizar con novas iniciativas emprendedoras