Actualidade
A Xunta informa ás pemes lucenses das distintas liñas de apoio habilitadas para reforzar a competitividade empresarial no actual contexto económico
O director do Igape, Fernando Guldrís, participou por vía telemática nunha xornada organizada pola Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) sobre os fondos europeos Next Generation na que destacou o impulso que suporía para a provincia a posta en marcha en Palas de Rei do complexo de fibras téxtiles de Altri
A Xunta defende a importancia de deseñar medidas para a promoción do uso da madeira na construción
O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou esta tarde en Madrid nunha mesa redonda no marco do encontro Rebuild 2022 onde expuxo as medidas e accións do Goberno galego
Feijóo valora a decisión empresarial de Altri de elixir Palas de Rei como a mellor localización posible para o complexo de fibras téxtiles, “o proxecto Next Generation máis importante” da candidatura galega aos fondos europeos
Salienta que con esta decisión, froito da análise técnica exhaustiva por parte da empresa, dáse un paso fundamental para avanzar neste proxecto, cumpríndose así coa solicitude feita de xeito unánime polo Parlamento galego para que a fábrica se asentase na provincia de Lugo
A Xunta explora as posibilidades da valorización enerxética de residuos orgánicos
Galicia mobilizará 5.000 M€ para facer da sustentabilidade, a dixitalización e as persoas os eixes das súas políticas de I+D+i
Conde explica que, con respecto á anterior RIS3, esta nova estratexia crece tanto en obxectivos como en recursos por exixencias do contexto de transformación enerxética e dixital que apremia a facer unha aposta aínda maior pola I+D+i
A Xunta colabora con catro fondos de investimento que teñen permitido captar xa 9 M€ en Galicia
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá en Vigo as instalacións da start-up Bizaway, unha das empresas apoiadas a través do fondo Mundi Ventures
O encontro Corazón da Artesanía regresa a Agolada do 8 ao 10 de xullo como punto de encontro dos oficios artesanais
O director xeral de Comercio, Manuel Heredia, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, presentaron esta mañá a novena edición do encontro, na que participarán máis de 35 artesáns de diferentes oficios e unha trintena de expositores de produtos de alimentación
A Xunta destaca o labor do centro tecnolóxico Aimen como un aliado estratéxico dos principais sectores industriais de Galicia
— O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou no Porriño as instalacións deste centro de referencia a nivel nacional e europeo en tecnoloxías de procesado láser e no eido da fábrica intelixente
A Xunta inicia en Ferrol un ciclo de xornadas de difusión de materiais innovadores para a sustentabilidade e a economía circular
O primeiro taller, que se celebrará de forma presencial e en liña, está aberto á inscrición e terá lugar o 28 de abril no CIS Tecnoloxía e Deseño
A Xunta destaca o papel da feira de maquinaria e artesanía de Cospeito na dinamización da economía local
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou na inauguración do encontro, que durante toda a fin de semana reunirá máis dun cento de expositores