Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 88 novas da área temática Transporte :
01/09/22 | 13:02  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta aplica desde hoxe un desconto do 50% nos prezos do autobús autonómico e estende rebaixas ao transporte da ría de Vigo e ao tren na área de Ferrol

A rebaixa aplicarase sobre as tarifas dos bonos multiviaxe e das tarxetas de Mobilidade de Galicia
 

31/08/22 | 13:53  | A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia que a Xunta aplicará desde mañá un desconto do 50% nos prezos do autobús autonómico e estenderá as rebaixas ao transporte da ría de Vigo e ao ferrocarril na área de Ferrol

Os autobuses urbanos de Pontevedra e Ferrol tamén se beneficiarán deste desconto, xa que a Xunta é responsable da prestación dos servizos nesas cidades

30/08/22 | 13:08  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta pon en funcionamento este venres novos servizos de autobús a demanda na Fozara e na Lomba, no concello de Ponteareas

As melloras inclúen novas paradas na parroquia de San Bartolomeu de Fozara para atender as necesidades de desprazamento da veciñanza de Ponteareas
 

30/08/22 | 13:05  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta ofrece servizos especiais de autobús durante as festas de Perillo, en Oleiros, para facilitar os desprazamentos

Habilitarase un servizo de madrugada os días 3 e 4 de setembro desde a parada de Lucín ata Entrexardíns

29/08/22 | 14:51  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta adxudica por case 85.000 euros o servizo de xestión telefónica de atención, información e reserva de prazas do transporte público interurbano de Galicia

O obxectivo é dar resposta inmediata ás solicitudes de información, peticións e incidencias relacionadas co transporte regular de viaxeiros da Xunta, incluíndo a reserva de praza en servizos de bus baixo demanda

19/08/22 | 12:15  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta reforza as frecuencias de autobús durante as festas de Ferrol, os días 21, 27 e 28 de agosto

Habilitaranse dous servizos especiais durante os tres días desde Praza de Galicia ata o Concello de Narón, ás 00:30h e á 1:30h

18/08/22 | 12:49  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta ofrece servizos especiais de autobús durante as festas de Santa Cruz, en Oleiros

Os días 20, 21 e 23 de agosto haberá unha liña desde Gasolineira Santa Cruz ata Entrexardíns, con saída ás 3:30 horas da madrugada

18/08/22 | 11:18  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta encomenda a execución de 39 melloras da seguridade na rede viaria autonómica na contorna dos Camiños de Santiago por preto de 1,8 M€

Trátase de reforzar a seguridade viaria e a accesibilidade nos cruzamentos das estradas autonómicas coas rutas xacobeas, ou nos treitos da traza coincidentes, para favorecer unha mobilidade máis cómoda e segura para peregrinos e veciños
 

17/08/22 | 12:01  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta publica no DOG a autorización da extensión ao conxunto de Galicia das vantaxes do transporte metropolitano, reducindo o prezo do billete do autobús a 150.000 veciños de 119 concellos rurais

Coa creación da Área de Transporte de Galicia, os usuarios dos concellos adheridos poderán gozar de descontos mínimos de 50 céntimos nos billetes e transbordos gratuítos

17/08/22 | 11:15  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta ofrece servizos especiais de autobús os días 19, 20 e 21 de agosto, durante a celebración do festival Nachiños Fest en Ferrol

Os días 19 e 20 habilitaranse dous autobuses desde Praza Galicia ata A Pedreira ás 18:30h e ás 19:30h para facilitar o acceso ao festival

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: