Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.391 novas da área temática Sanidade:

19/09/2024 | 20:01 | C. de Sanidade

A Xunta garante a asistencia sanitaria no centro de saúde de Lobios por debaixo do rateo máxima establecido

A Consellería de Sanidade insiste na necesidade de que o Goberno de España adopte medidas urxentes que permitan paliar ao déficit de profesionais que afecta especialmente á atención primaria e ao rural

19/09/2024 | 14:40 | C. de Sanidade

A Xunta fai unha serie de recomendacións á cidadanía por mor da chegada do fume dos incendios que afectan a Portugal

Deberase evitar a práctica de actividades ao aire libre, sobre todo exercicio intenso, e pechar as portas e fiestras para evitar a entrada de po nos domicilios

19/09/2024 | 11:42 | C. de Sanidade

A Xunta avanza na humanización de espazos cun horto e xardín terapéuticos para nenos ingresados no Hospital Teresa Herrera da Coruña

O Goberno galego, no marco da súa Estratexia de Humanización da Asistencia Sanitaria, está a levar a cabo accións dirixidas á mellora das instalacións sanitarias, con espazos máis amables

19/09/2024 | 11:28 | C. de Sanidade

A Xunta adxudica por preto de 400.000 € as obras de reforma do centro de saúde de Domaio, no concello de Moaña

A actuación consistirá na substitución da carpintería exterior de aluminio e do panel de fachada, así como na renovación do novo sistema de impermeabilización das cubertas para evitar filtracións de auga

18/09/2024 | 18:00 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca o programa galego código ictus como garantía de acceso á mellor asistencia especializada, que o pasado ano atendeu máis de 2.400 pacientes dos hospitais comarcais

Sinala que, dada a dispersión poboación da comunidade, Galicia ten o deber de abordar esta enfermidade coa máxima atención, realizando un esforzo crecente tanto en prevención, como en camiños asistenciais máis innovadores e eficaces

18/09/2024 | 13:29 | C. de Sanidade

A Rede de Praias sen Fume promovida pola Xunta amplíase a 242 areais e premia aos 45 concellos coa categoría de ouro

Este proxecto pioneiro, posto en marcha en 2016, conta actualmente coa adhesión dun total de 82 concellos

18/09/2024 | 11:19 | C. de Sanidade

A Xunta inicia hoxe mércores a nova estratexia de vacinación fronte ao virus do papiloma humano para inmunizar 27.000 varóns nados entre 2006 e 2009

A partir de hoxe os propios nenos ou as súas familias poden solicitar directamente cita para vacinarse no seu centro de saúde e os profesionais da sanidade pública galega informarán á poboación diana da conveniencia de vacinarse

17/09/2024 | 14:53 | C. de Sanidade

A Xunta crea a Rede de promoción da saúde na poboación xitana para o fomento de hábitos saudables coas mulleres da comunidade como axentes de cambio

O proxecto comezará este ano e desenvolverase ata 2027 co obxectivo de promover unha alimentación saudable, a actividade física e a prevención do tabaquismo e doutras condutas de risco no colectivo

17/09/2024 | 14:51 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade destaca o compromiso da Xunta coa sanidade pública de Moaña con 9 M€ de investimentos en marcha e a dotación dunha nova ambulancia

Gómez Caamaño incide en que os veciños deste concello terán un centro de saúde moderno, accesible, confortable e preparado para ofrecerlles unha asistencia sanitaria de vangarda e de máxima calidade

17/09/2024 | 11:30 | C. de Sanidade

A Xunta destina 494.000 euros á adquisición de camas e mesas para o Complexo hospitalario universitario de Ourense

O Portal de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe a licitación do mobiliario que terá como destino as áreas reformadas da Unidade de Cuidados Intensivos