Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon en valor en Córdoba o papel dos centros galegos do exterior na conexión coa Galicia de hoxe e como embaixadores do Xacobeo 2027
O secretario xeral da Emigración e o comisario do Xacobeo 2027 visitaron o Centro Galego de Córdoba e participaron na presentación do Ano Santo Xacobeo 2027
A Xunta pon de relevo a especial relación entre o Camiño de Brochero e a ruta Xacobea como símbolo da importancia da galeguidade no país
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse na Arxentina co gobernador de Córdoba, Martin Llaryora, e posteriormente visitou o Centro de Interpretación O Camiño de Brochero
A Xunta enxalza en Montevideo a fortaleza dos lazos entre Galicia e O Uruguai como impulsores da proxección do Xacobeo 2027
O secretario xeral da Emigración e o comisario do Xacobeo 2027 participaron na celebración da Festa da Hispanidade en Montevideo celebrada na Embaixada de España na que Galicia participou como Comunidade convidada de honra
A Xunta promociona en Uruguai o Xacobeo 2027 coa exposición ‘Mes do Camiño’
A proposta inclúe unha exposición fotográfica sobre os diferentes itinerarios xacobeos, un ciclo de cine e xornadas con expertos sobre o Camiño de Santiago
A Xunta celebra na arxentina o éxito do Programa Conecta con Galicia no Camiño como mostra da ilusión por retornar da comunidade no exterior
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, tomou parte na entrega de compostelas a 39 das persoas participantes este ano na iniciativa, onde destacou que case 700 galegos da Arxentina retornaron en 2024, último exercicio con rexistros
A delegada da Xunta en Ferrol recibe ás novas persoas beneficiarias das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior no Campus Industrial
As bolsas BEME, cunha dotación económica que pode alcanzar os 12.500 euros, están destinadas a cubrir gastos de matrícula, desprazamento, aloxamento e manutención durante a realización de mestrados nas universidades públicas de Galicia
A Xunta consolida o próximo curso a convocatoria de 250 Bolsas Excelencia Mocidade Exterior tras ter concedido case 2.000 nunha década con máis de 18 M€
Ante as bolseiras e bolseiros deste curso 2026-2027, José González valora a iniciativa que promove mestrados nas tres universidades públicas para impulsar o retorno, a atracción de talento cualificado e o progreso demográfico e socioeconómico de Galicia
Rueda destaca a estabilidade política e económica e o seu potencial de futuro como contribución de Galicia á mellora global
Sinala que “a estabilidade permítenos dedicarnos a cumprir coas obrigas que os cidadáns nos encomendan”