Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon en valor en Madrid o modelo galego de turismo no medio rural como recurso estratéxico de desenvolvemento territorial
Xosé Merelles resaltou as principais liñas de traballo en materia de regulación, apoio aos establecementos, promoción e creación de produto turístico
Villaverde destaca en Vilagarcía a importancia de achegar o valor nutricional e a calidade do Mexillón de Galicia aos máis novos
A conselleira do Mar participou no CEIP A Lomba nunha xornada divulgativa organizada polo Consello Regulador da DOP Mexillón de Galicia para fomentar hábitos de alimentación saudables entre o alumnado
A Xunta anima a participar na proposta para impulsar a oitava reserva da biosfera de Galicia entre os cabos Fisterra e Silleiro
O procedemento de participación pública para recoller achegas e suxestións sobre o proxecto estará aberto ata o vindeiro 21 de novembro
Villares destaca os avances logrados co apoio da Xunta para a conservación e fomento da raza autóctona Can de Palleiro
O delegado territorial de Lugo asistiu na Facultade de Veterinaria da USC á presentación dun estudo xenómico para a caracterización e recuperación desta especie canina galega
O Festival Galicia Ilusiona regresa en 2026 co apoio da Xunta e reparte a maxia de seis figuras internacionais en oito cidades galegas
Tras catro edicións, o evento converte a comunidade en referente da maxia do 20 de novembro ao 13 de decembro
Galicia participa na visita de estudo á rexión italiana de Emilia-Romaña no marco do proxecto HERCULES para coñecer boas prácticas no ámbito da I+D+i en saúde
A delegación encabezada pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde como entidade coordinadora do proxecto mantivo encontros en Bolonia, Ozzano dell’Emilia e Meldola
A Xunta lamenta a falta de solucións para a frota galega que faena en Mauritania ante o vencemento inminente do protocolo pesqueiro co país africano
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, reclama á Comisión Europea un último esforzo para evitar que os barcos galegos que operan neste caladoiro queden sen alternativas a partir do 14 de novembro
Galicia lidera o crecemento turístico en España no mes de setembro cun aumento do 13,1% nas noites de aloxamento
O número de viaxeiros medrou o 8,2% o pasado mes, cun avance do turismo rural e dos campamentos turísticos que superaron o 30% de crecemento nas dúas modalidades