Actualidade
Buscador de novas
Allegue visita Cortizo e asegura que “o futuro pasa pola construción industrializada das vivendas”
Allegue destacou a traxectoria de máis de 50 anos deste grupo empresarial, do que destacou que está presente en moitas das obras de vivenda pública da Xunta a través do deseño, fabricación e distribución de sistemas de aluminio
A Xunta recibe 4 ofertas para construír 41 novas vivendas de promoción pública en Vigo, cun investimento de 8,8 M€
Construiranse dous edificios de 19 e 22 vivendas nas parcelas M-IIIB-16 e M-IIIB-14 respectivamente, no polígono 2 de San Paio de Navia
A Xunta recibe 11 ofertas para redactar o proxecto para construír 40 vivendas públicas na rúa das Cunchas de Sanxenxo
Estas novas vivendas, que serán de dous dormitorios, construiranse en solo cedido de xeito gratuíto polo Concello de Sanxenxo
Allegue destaca que o sorteo hoxe de 18 vivendas públicas na Coruña inclúe por primeira vez os novos limiares de renda activados pola Xunta
Sorteáronse ante notario 14 vivendas públicas en Xuxán e 4 froito da rehabilitación dun edificio na rúa San Andrés, 88, todas en alugueiro accesible
A Xunta asina un acordo de colaboración co Sabadell Gallego para o financiamento da promoción de vivenda pública
O obxectivo do acordo, cuxa vixencia é de 4 anos, é facilitar tanto a concesión de préstamos para a promoción de fogares públicos, como a subrogación deses préstamos a favor das persoas adxudicatarias
A Xunta xa abonou o 100% das 188 achegas concedidas este ano para adquisición de vivenda protexida e en centros históricos e ampliará este mes de xullo o crédito en 2 M€ para atender a demanda da cidadanía
Allegue anuncia que a Xunta xa abonou os 2M€ das axudas concedidas e avanza que dos outros 2M€ en que se ampliará o crédito, 1,7M€ destinaranse ás achegas para compra de vivenda protexida e 280.000 ás dirixidas á adquisición en centros históricos
Allegue destaca a licitación das obras de 58 novas vivendas públicas no Bertón, en Ferrol, cun investimento autonómico de 10,3 M€
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe esta licitación e as empresas poderán presentar ofertas ata o 22 de setembro