A Xunta entrega unha vivenda de promoción pública en Bóveda en réxime de alugueiro
Bóveda (Lugo), 1 de outubro de 2026
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, participou hoxe na entrega dunha vivenda de promoción pública en Bóveda, adxudicada en réxime de alugueiro. Trátase dun piso de tres dormitorios con 90 metros cadrados de superficie, e conta con rocho e garaxe.
Villares sinalou que a Xunta traballa para favorecer o acceso da cidadanía á vivenda, impulsando novas construcións para engrosar o parque público e reformando os límites de renda para permitir o acceso de máis persoas ás adxudicacións; os interesados deben inscribirse no Rexistro único de demandantes de vivenda.
Así mesmo, o Instituto Galego da Vivenda e Solo ten abertas varias convocatorias de axudas destinadas á compra, rehabilitación ou alugamento. Entre elas, cabe citar os apoios para a adquisición ou autopromoción de vivendas en concellos de ata 10.000 habitantes, o programa de avais ou o Bono de alugueiro social.