Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 547 novas da área temática Enerxía:

10/12/2025 | 11:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética do campo de fútbol de Vizoño en Abegondo coa renovación da súa iluminación e do sistema de auga quente cun apoio da Xunta de 60.000 euros

A delegada da Xunta, Belén do Campo, visitou o Concello para coñecer as accións realizadas ao abeiro do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local 

04/12/2025 | 16:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o potencial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para liderar o despregamento do hidróxeno verde no eido da mobilidade sustentable

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, lembra que Galicia é referente no uso e aproveitamento de fontes renovables de enerxía

03/12/2025 | 17:36 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez lamenta a parálise do sector eólico en Galicia por unha situación xudicial que contrasta cos criterios do Tribunal Supremo e da xustiza europea

A conselleira advirte de que o parón actual das renovables pon en risco o desenvolvemento de Galicia, perdendo investimentos e postos de traballo, e dificulta que a comunidade poida ser unha rexión neutra en emisións á atmosfera

03/12/2025 | 15:23 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda destaca a aposta da Xunta por un sector mineiro moderno, sostible e estratéxico para o territorio

Asegura que o obxectivo do Executivo autonómico “é converter Galicia nun dos epicentros da minaría moderna”

02/12/2025 | 16:31 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda aposta por potenciar a colaboración público-privada para consolidar a Galicia como unha potencia en enerxías renovables

Pon en valor o esforzo do Goberno galego co desenvolvemento das renovables e cun modelo eólico xusto e ordenado

02/12/2025 | 13:33 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor o proxecto europeo Aldealix para fomentar a sustentabilidade e a eficiencia enerxética das comunidades rurais

A secretaria xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural, Marta Vázquez, participou na apertura dun simposio sobre o uso de bioenerxía en comunidades enerxéticas rurais 

02/12/2025 | 10:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta reclama ao Goberno que faga públicos os datos de investimento por comunidades autónomas en novas actuacións da rede eléctrica

A conselleira de Economía e Industria participou hoxe na Conferencia sectorial de Enerxía, onde avanzou tamén que o Goberno galego presentará este mes alegacións ao borrador da planificación da rede eléctrica 

01/12/2025 | 16:52 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inviste máis de 174.000 euros na mellora da eficiencia enerxética de tres concellos do Baixo Miño

O delegado territorial visitou o resultado dos traballos de substitución da cuberta dos vestiarios do campo de fútbol das Tornas, en Oia

26/11/2025 | 18:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta reclama ao Estado un marco común e ben definido que asegure o despregamento dos proxectos de almacenamento enerxético

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou en Valladolid nunha nova edición do Aepibal Day, un dos maiores foros a nivel estatal sobre o sector, onde destacou a necesidade de unificar criterios e potenciar un recurso fundamental para a estabilidade do sistema eléctrico