Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.933 novas da área temática Cultura:

02/07/2025 | 22:10 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Casa de Galicia en Madrid celebra os 25 anos das campás da Torre dos Galegos da Catedral da Almudena

A mostra conmemora o 25 aniversario do “Proxecto galego de dotación de campás á Catedral de Santa María la Real de la Almudena”

02/07/2025 | 15:21 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta lanza coa USC unha residencia artística para tecer fíos entre a física e a creación contemporánea galega

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou esta iniciativa coa que  un artista ou colectivo se integrará na vida cotiá do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías e na Cidade da Cultura

02/07/2025 | 13:31 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta apoia a experiencia musical e vitícola do 17º Ribeira Sacra a través dos concertos do Xacobeo e da marca FEST Galicia

Trátase dunha das citas musicais que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude promove mediante a adhesión ao selo de calidade para os festivais galegos

02/07/2025 | 13:26 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O encontro internacional de ‘Soundpainting’ celebra en Santiago de Compostela a súa 27ª edición co apoio da Xunta

A técnica dunha lingua de signos aplicada á composición multidisciplinar en tempo real reunirá do 6 ao 13 de xullo na capital de Galicia 30 especialistas de todo o mundo

02/07/2025 | 12:19 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta apoia unha nova edición do certame de teatro ‘Festivalle’, que se suma á celebración do ‘Ano Castelao’

Valentín García salienta a relación estreita do escritor de Rianxo con Valle-Inclán, de quen foi responsable da escenografía de Divinas Palabras

01/07/2025 | 22:32 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A compostelá praza da Quintana acolle a estrea española do filme de Lois Patiño ‘Ariel’, producido con subvención da Xunta

Filmika Galaika contou cunha achega de preto de 260.000 euros para a produción desta película a través do programa de axudas ao audiovisual galego da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

01/07/2025 | 19:26 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta leva a Baiona un percorrido en imaxes do Camiño portugués a través da mirada dunha trintena de fotógrafos lusos e galegos

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude define a mostra ‘O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra’ como “un diálogo fotográfico entre o pasado e o presente” que “radiografía o legado” desta ruta xacobea

01/07/2025 | 16:40 | Axencia de Turismo de Galicia; C. do Mar; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta asume a xestión plena do litoral co obxectivo claro de conxugar a protección ambiental co desenvolvemento socioeconómico de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto polo que a comunidade recibe as funcións e servizos traspasados pola Administración Xeral do Estado sobre a ordenación dos espazos de dominio público marítimo-terrestre

01/07/2025 | 15:57 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aborda co alcalde de Lugo os investimentos autonómicos para impulsar melloras na cidade en infraestruturas, medio ambiente, cultura e sanidade

O Goberno galego reiterou a súa disposición a colaborar nos proxectos do Museo da Romanización, nas conexións coa A-6 e, entre outros temas, co saneamento e abastecemento de Esperante