Actualidade
Buscador de novas
A Xunta anima a empresas e entidades sociais a apostar por iniciativas para a reciclaxe de residuos, con axudas convocadas para este ano por importe de 3,2 M€
Ángeles Vázquez pon como exemplo a actuación realizada por Padre Rubinos, que recibiu 10.516 € para mellorar a capacidade de almacenaxe das súas instalacións
A Xunta colaborará co Colexio de Biólogos de Galicia para formar ao colectivo sobre os espazos de interese comunitario da comunidade
En concreto, a intención é que ambos organismos cooperen na promoción de actividades divulgativas dirixidas a distintos colectivos e dun curso só para colexiados
A Xunta investirá 1 M€ para rematar antes de 2027 os Plans de Xestión Específicos para as 75 Zonas de Especial Conservación e Protección incluídas na Rede Natura
Salienta a rigorosidade coa que traballa o Goberno galego para protexer Galicia e sinala que a normativa de aplicación para a protección desta Rede, conformada por 355.000 hectáreas, é moi esixente e moi estrita
A Xunta aproba unha nova planificación para liderar a acción climática en España, con case un cento de medidas e máis de 1.700 M€ en investimentos ata 2030
Ángeles Vázquez explica que o PRIEC guiará dunha forma transversal as políticas galegas no eido da mitigación, a adaptación, a investigación e a sensibilización fronte ao quecemento global
A Xunta e a Federación de Persoas Xordas colaborarán para formar a persoal dos espazos naturais de Galicia en lingua de signos
Ángeles Vázquez subliña que o obxectivo é facilitar o coñecemento e o acceso das persoas xordas e xordo-cegas aos principais espazos protexidos galegos, así como a instalacións públicas como os centros de interpretación e as aulas da natureza
Ángeles Vázquez pon en valor o compromiso da comunidade educativa coa concienciación ambiental a través do concurso de recollida de pilas ‘Pilabot’
Agradece a implicación dos cadros directivos e do profesorado nesta iniciativa que vai permitir que máis de 31.600 escolares se formen na importancia do coidado e do respecto ao medio ambiente
Rueda anuncia que a Xunta inicia a elaboración das directrices de ordenación do litoral, que serán o instrumento clave para garantir a xestión integral da costa
Explica que o seu obxectivo principal será fixar os criterios para xestionar as actividades estratéxicas na franxa costeira co propósito de garantir o equilibrio entre os recursos naturais e os ecosistemas co desenvolvemento económico e social
A Xunta amplía a suspensión na actividade exterior nos centros educativos e a actividade deportiva federada e do programa Xogade a varias zonas da Coruña
Trátase de 12 concellos na zona Suroeste, 10 na Oeste e 38 na Noroeste de Coruña, que se suman aos 15 na Mariña de Lugo e aos 19 na Montaña de Ourense nos que xa se comunicara onte a cancelación das actividades