Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.918 novas da área temática Mar:

01/03/2025 | 13:09 | C. do Mar; C. do Medio Rural

A Xunta salienta a importancia da produción de grelos na nosa comunidade na XIX Expogrelo de Abadín

 A conselleira do Medio do Medio Rural, María José Gómez, e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participaron neste evento que pon en valor este produto agroalimentario

27/02/2025 | 17:25 | C. do Mar

Villares destaca o traballo de Gardacostas de Galicia que permitiu salvar 1.700 vidas e ser decisivo na loita contra o furtivismo

Dada a importancia desta prestación en termos de seguridade cidadá, Mar destina ao seu desenvolvemento e funcionamento máis de 30 millóns de euros

27/02/2025 | 15:10 | C. do Mar

Galicia solicita á Secretaría Xeral de Pesca o mantemento dos criterios de reparto das cotas de bocarte recollidos na resolución do 2024

A Xunta avoga pola continuidade dos topes máximos de capturas e desembarques entre marzo e xuño por buque e día diferenciados entre os maiores de 120 GT ou de menos pero que conten con 12 ou máis tripulantes enrolados e o resto da frota 

26/02/2025 | 16:21 | C. do Mar

Villares sitúa a gobernanza entre a Consellería e a cadea produtiva como decisiva para que as descargas de vieira estean a ser positivas

Incide na importancia de seguir respaldando a actividade marítimo-pesqueira, en aras de aumentar a competitividade das empresas e autónomos que a conforman e de por en valor o excelente produto que sae da costa galega, caracterizado pola súa sostibilidade

26/02/2025 | 15:38 | C. do Mar

A Xunta de Galicia adxudica por 650.000 euros as obras de rehabilitación e mellora do peirao mexilloeiro de Moaña

O conselleiro do Mar presentou os detalles da actuación que permitirá recuperar a operatividade do dique da Mosqueira ao reforzar os faldóns laterais e aplicar unha protección preventiva ao conxunto da estrutura

25/02/2025 | 15:48 | C. do Mar

Villares sinala as oficinas Es.Mar como aceleradoras de proxectos do sector pesqueiro cunha produción na zona de preto de 27 mil toneladas cun valor de 73 M€

O titular de Mar recordou a importancia do porto de Coruña e a súa área de influencia na pesca Galega como primeiro porto en descarga de peixe fresco e segundo por facturación da comunidade  

25/02/2025 | 13:13 | C. do Mar

A Xunta destina máis de 200.000 euros a un proxecto coa USC para a detección da alga asiática invasora e impedir a súa proliferación na costa galega

Para o seu desenvolvemento, cuxo período se estende ata 2027, contarase tamén coa colaboración da UDC, a Federación Galega de Confrarías e os pósitos de A Coruña, Cangas e Baiona

24/02/2025 | 14:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta remitirá este ano de oficio a preto de 42.000 maiores de 65 anos a renovación das súas licencias de caza e pesca, que pasan a ser indefinidas

Os envíos, que comezaron estes días mediante correo postal, dan resposta ás modificacións das leis de caza e pesca continental de Galicia incluídas na lei de medidas que acompaña os orzamentos do Executivo galego para 2025