Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 173 novas da área temática Fondos europeos:

17/06/2025 | 16:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende en Estrasburgo a necesidade de que os Fondos Europeos para a industria sigan sendo xestionados polas rexións

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, interveu hoxe na Conferencia da Alianza de Rexións Europeas con Industria da Automoción (ARA)

12/06/2025 | 15:34 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destaca o avance na execución dos fondos MRR a un ano do cumprimento dos fitos e obxectivos do Plan de Recuperación

O director xeral de Cohesión e Fondos Europeos, Ángel Tarrío Tobar, participa en Barcelona na xornada Next Generation, Execución e Control dos Fondos Europeos

04/06/2025 | 12:30 | C. de Facenda e Administración Pública

Corgos destaca a planificación como ferramenta clave para captar financiamento europeo, anticipar proxectos e abordar con éxito os retos e oportunidades da comunidade

O conselleiro de Facenda e Administración Pública participou na xornada Estratexias Territoriais e Fondos Europeos organizada pola Deputación de Ourense

02/06/2025 | 15:16 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Rueda anuncia que a Xunta destinará 1,5 M€ para mellorar a relación dixital da cidadanía co servizo público de saúde

Destaca que a medida axilizará e personalizará as comunicacións da cidadanía co sistema publico de saúde, facilitará información individualizada aos doentes e acompañantes nas distintas áreas de urxencias e hospitalización dos hospitais

27/05/2025 | 09:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina máis de 575.000 € á mellora da eficiencia enerxética do edificio xudicial do Porriño

A Plataforma de Contratos públicos de Galicia publica hoxe a licitación da obra, coa previsión de que poida empezar en xullo cun prazo de execución de catro meses

26/05/2025 | 15:12 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Mar; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presenta preto de 60 proxectos ao Plan social polo clima por importe de arredor de 2.000 M€

Rueda destaca que esta planificación será a base para a aplicación en España do Fondo Social para o Clima (FSC) impulsado pola Unión Europea, que terá un orzamento de 9.000 M€ durante o período 2026-2032

16/05/2025 | 15:46 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que a xestión da solicitude única da PAC en Galicia está sendo este ano superior á dos exercicios anteriores

Juan José Cerviño subliñou que o número de solicitudes tramitadas este ano supera en máis de 800 as rexistradas na campaña pasada nestas mesmas datas

09/05/2025 | 14:30 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos salienta a solidariedade comunitaria como parte esencial da UE e a súa contribución ao fortalecemento de Galicia

A Xunta celebra no Porriño o Día de Europa, coincidindo coa inauguración da exposición itinerante sobre Fondos Europeos

08/05/2025 | 09:52 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta convida a toda a cidadanía a participar nos actos do día de Europa que se celebra no Porriño

A vila pontevedresa acolle desde mañá unha exposición itinerante sobre Fondos Europeos