Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 137 novas da área temática Litoral:

18/12/2025 | 19:37 | C. do Mar

Villaverde demanda á Comisión Europea cambiar o rumbo para que a pesca sexa sostible a longo prazo

A conselleira do Mar clausurou o Programa de Dirección de Empresas Alimentarias, incluído en Competemar

15/12/2025 | 13:52 | C. do Mar

A Xunta constitúe a comisión de revisión do Plan Camgal para actualizar a resposta ante posibles episodios de contaminación mariña accidental

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presidiu hoxe a primeira reunión do órgano encargado de redactar o novo Plan Camgal, tal e como establece o Decreto 135/2016

11/12/2025 | 17:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta a aposta pola simplificación e axilización dos procedementos na xestión do litoral

Puxo en marcha unha solicitude única electrónica para os trámites sobre os usos ou ocupación do litoral, que simplifica e axiliza o procedemento xa que o Goberno central requiría cinco formularios de solicitude en papel

11/12/2025 | 17:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia e Asturias avanzan no novo Plan de xestión da Reserva de biosfera río Eo, Oscos e Terras de Burón

Marisol Díaz salienta a importancia de continuar co traballo realizado nesta zona nos últimos anos, cun total de 1,34 M€ mobilizados entre actuacións directas e axudas

11/12/2025 | 15:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon como exemplo do interese pola protección do litoral que o 66% das alegacións ao Catálogo de bens culturais propoñan incluír novos elementos

Ángeles Vázquez indica que as 161 alegacións recibidas no período de exposición pública mostran o elevado interese da cidadanía por preservar e poñer en valor os elementos patrimoniais da costa galega

29/11/2025 | 13:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia mantivo durante o ano 2024 unha boa calidade do aire en zonas urbanas, rurais e industriais

O informe anual elaborado por MeteoGalicia conclúe que ningunha das estacións da Comunidade superou os valores límite para a protección da saúde humana e apunta tamén a unha lixeira mellora nos resultados con respecto ao ano anterior

26/11/2025 | 19:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez eloxia a mostra Galicia, litoral máxico como a mellor invitación para descubrir os valores ambientais, turísticos e socioculturais da costa galega

Pon en valor que as obras artísticas que a integran plasman á perfección os “recunchos máxicos” do noso litoral coa súa fisionomía tan característica, a súa riqueza natural, o amplo patrimonio cultural ou as tradicións mariñeiras

25/11/2025 | 14:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta resolve o concurso para o deseño dun prototipo de ‘chiringuito’ biosostible na costa coa selección de 3 das 16 propostas admitidas

O xurado, presidido polo director do Instituto de Estudos do Territorio, decidiu outorgar tres premios de 12.000 €, 10.000 € e 8.000 €, respectivamente

23/11/2025 | 12:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta lanza a XIV edición do programa de educación ambiental ´O Parque Nacional coa Escola´

O alumnado e profesorado que participa nesta acción pertence a 45 centros da área de influencia do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia