Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 681 novas da área temática Familias:

12/06/2026 | 11:20 | C. de Política Social e Igualdade

Belén do Campo destaca en Miño o compromiso do Goberno galego coa conciliación e gratuidade da Educación Infantil na nova escola municipal de Xarío

A representante do Goberno autonómico destacou que a Xunta aportou europeos, unha achega de 265.000 euros procedentes dos fondos europeos para a rehabilitación integral da antiga escola unitaria para convertela nun novo centro de atención educativa de 0 a 3 anos.

09/06/2026 | 15:01 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a implicación dos escolares galegos na mellora da sociedade a través das institucións e as políticas públicas

Alumnado das catro provincias debateu no Parlamento de Galicia as súas propostas acerca da convivencia e da relación dos máis novos coas tecnoloxías

07/06/2026 | 11:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O parque acuático de Monterrei abrirá na tempada de verán desde o 19 de xuño ata o 13 de setembro

A Xunta vén de asinar o contrato da xestión integral do complexo deportivo para esta  campaña estival que prevé a creación de máis de 70 postos de traballo

03/06/2026 | 17:54 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta avanza que a nova Lei de Infancia e Adolescencia de Galicia potenciará a participación das novas xeracións na vida pública

Jacobo Rey lembrou que o Goberno galego colabora co CAIA en accións para visibilizar o dereito da xuventude a ser escoitada e tida en conta na xestión pública 

02/06/2026 | 13:37 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca o investimento de 50.000€ da Xunta na súa escola infantil en Chantada para dotala dun servizo de cociña propio

Lembrou que o prazo para formalizar a matrícula nos centros de educación infantil 0-3 públicos autonómicos está aberto ata o vindeiro 12 de xuño

31/05/2026 | 10:47 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reafirma o seu compromiso co acollemento familiar como modelo de protección da infancia

Galicia é a segunda comunidade con mellores ratios de acollemento familiar, con máis de 1.100 menores medrando nun fogar

29/05/2026 | 15:04 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publica os listados de admitidos nas súas escolas infantís para o curso 2026-2027

As familias cuxos fillos obtiveran praza deberán formalizar a matrícula do 1 ao 12 de xuño

29/05/2026 | 13:46 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca que a futura Lei Galega de Infancia e Adolescencia dará prioridade ás familias acolledoras no proceso de adopción

A Xunta está avaliando actualmente as máis de 100 achegas recibidas no procedemento de consulta pública deste texto

28/05/2026 | 13:23 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta valora o cambio de tendencia demográfica de Galicia ao rexistrar a cifra máis alta nos últimos once anos, con 2,73 millóns de habitantes

A comunidade mellora de xeito notable as proxeccións do INE e do IGE, que prognosticaban para a actualidade algo máis de 2,57 millóns de persoas