Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 266 novas da área temática Comercio:

11/10/2023 | 16:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Martina Aneiros invita a sumarse a unha nova edición do bono Activa Comercio que conta cun orzamento de 2,5 millóns de euros

As persoas consumidoras poden desde o luns descargarse este bono de 30 euros en formato dixital QR que se irá descontando en función do valor das compras que realicen en diferentes tramos

11/10/2023 | 16:04 | C. de Economía e Industria

Gabriel Alén subliña a contribución do Bono activa comercio ás vendas dos establementos comerciais locais

O delegado subliñou que a Consellería de Economía, Industria e Innovación destina 2,5 millóns de euros a este programa co obxectivo de incentivar a demanda e atraer nova clientela aos establecementos de proximidade

10/10/2023 | 14:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias destaca que os bonos activa comercio poden utilizarse xa en máis de 750 establecementos de Lugo

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, lembra que consisten en descontos de 30 euros por persoa e poderán empregarse ata esgotar os 2,5 millóns de euros asignados ao programa

09/10/2023 | 15:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a comercialización do sector artesán con axudas por máis de 215.000 euros

A Consellería de Economía, Industria e Innovación apoia un total de 74 obradoiros para a asistencia a feiras profesionais dentro e fóra de España, así como para participar en feiras de venda directa e feiras de Nadal

08/10/2023 | 15:39 | C. de Economía e Industria

Os clientes poderán empregar desde este luns o Bono Activa da Xunta nos comercios de proximidade

As persoas consumidoras terán á súa disposición un desconto de 30 euros para as compras nos establecementos adheridos, que suman xa máis de 4.000

06/10/2023 | 16:06 | C. de Economía e Industria

A iniciativa da Xunta “Mercar no teu comercio ten premio” dinamiza os negocios coruñeses

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, asistiu hoxe ao sorteo de premios da campaña impulsada en colaboración coa Federación Galega de Comercio, a Federación de Comercio da Coruña e a Asociación Comercial Zona Obelisco

30/09/2023 | 12:37 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove en Chantada o vínculo entre a artesanía e a creación téxtil contemporánea

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, abriu esta mañá as xornadas Tecendo Futuros, organizadas pola Consellería de Economía, Industria e Innovación co obxectivo de abordar os oficios e o traballo de diferentes creadores vinculados ao ámbito téxtil desde perspectivas moi diversas

27/09/2023 | 12:36 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda anuncia a posta en marcha da cuarta edición do Bono Comercio cun orzamento de 2,5 M€ para gastar en establecementos comerciais de proximidade

Salienta a reedición deste bono dentro das medidas da Xunta para contribuír a reducir o impacto da inflación na economía das familias