Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.120 novas da área temática Administración pública:

28/11/2025 | 15:43 | A Presidencia da Xunta

A Xunta felicita ao cociñeiro Rafa Centeno e ao equipo do restaurante ‘Vértigo’ por lograr a primeira estrela Michelín da provincia de Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, valorou que “este primeiro paso se dea dende o corazón da Ribeira Sacra e cun proxecto culinario vinculado ao territorio”, que enxalza os mellores recursos da zona

28/11/2025 | 15:13 | C. do Mar

Galicia reclama ao Goberno central que defenda unha maior asignación para España da cota que o ICCAT outorga á Unión Europea

A Consellería do Mar insta ao Executivo central a aproveitar o incremento de TACs e marxes negociadoras para garantir unha repartición máis xusta para a frota galega

28/11/2025 | 13:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo e o alcalde de Vilasantar supervisan as obras de mellora do alumeado público que contaron co apoio da Xunta e que permiten un aforro no consumo enerxético do 75%

A representante do Goberno autonómico destacou que este proxecto exemplifica a aposta da Xunta pola colaboración cos concellos para garantir un desenvolvemento rural máis sostible, con enerxía limpa e servizos máis eficientes

26/11/2025 | 18:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o asociacionismo local de Oroso con achegas que suman case 40.000 € a través do Plan específico de acción comunitaria

A directora xeral de Administración Local comprobou as melloras realizadas nos locais sociais das asociacións veciñais Santa María de Deixebre e Sanamede, así como da asociación Mulleres rurais loitadoras de Oroso  

26/11/2025 | 16:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta subvencionou con 38.000 euros a mellora de camiños no Serrallo e As Mariñas, no concello de Oia

A subvención encádrase na liña de axudas para a mellora de infraestruturas de uso público da dirección xeral de Administración Local e beneficiou a 18 concellos da provincia de Pontevedra por importe total de máis de 662.000 euros

26/11/2025 | 15:40 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destaca a capacidade de Galicia para converterse nun referente na implantación da IA

Galicia foi das primeiras comunidades en contar cunha estratexia propia e un marco normativo pioneiro neste eido, ademais de acoller a sede da Aesia

26/11/2025 | 11:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inicia hoxe o traslado do persoal do novo edificio xudicial da Estrada

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, comprobou como se está a levar a cabo o traslado do persoal do antigo xulgado número 1 de Primeira Instancia e Instrución e da oficina de Rexistro Civil e á próxima semana procederase cos profesionais do xulgado número 2 

25/11/2025 | 13:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia as melloras no local social da Asociación veciñal San Cristóbal de Nemiña en Muxía

A directora xeral de Administración Local comprobou as obras realizadas ao abeiro das axudas do Plan específico de acción comunitaria