Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 173 novas da área temática Fondos europeos:

06/05/2025 | 14:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez visita a obra de construción do novo centro de fabricación intelixente de Aimen

O novo edificio, que estará rematado en marzo de 2026, acollerá novas liñas de investigación centradas na fabricación avanzada e sustentable e na dixitalización

06/05/2025 | 12:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reivindica a constitución da AECT da Raia Seca como un fito histórico na cooperación transfronteiriza e unha ferramenta clave para o acceso a fondos europeos

A nova agrupación abarcará máis de 3.100 quilómetros cadrados e máis de 72.000 habitantes, integrando 13 concellos galegos e as rexións portuguesas do Alto Minho, Cávado, Alto Támega e Barroso

11/04/2025 | 14:57 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos pide en Bruxelas un modelo de xestión compartida dos fondos europeos e o reforzo do papel dos entes territoriais

O conselleiro de Facenda e Administración Pública mantivo unha intensa xornada de reunións, que rematou cun encontro con responsables do departamento da Vicepresidencia de Cohesión e Reformas da Comisión Europea

10/04/2025 | 16:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta reclama máis participación na xestión dos fondos europeos e que se reparta ás comunidades parte dos aranceis recadados

“É clave a participación que reclamamos as comunidades autónomas nas decisións respecto de a onde e como se xestionan os fondos”, di, para apuntar que son “un mecanismo importantísimo para loitar nesta guerra comercial”

28/03/2025 | 12:32 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos destaca a contribución dos fondos europeos ao crecemento da comunidade e á mellora da calidade de vida dos galegos

O conselleiro de Facenda e Administración Pública inaugurou a segunda edición da mostra itinerante para dar a coñecer os distintos programas europeos que están en marcha e as oportunidades de financiamento que ofrecen

18/03/2025 | 14:25 | C. do Mar

Villares reivindica a descentralización da xestión pesqueira comunitaria a través dunha maior participación das rexións na toma de decisións

O conselleiro do Mar participou na Asemblea Xeral Extraordinaria da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM), onde manifestou a necesidade de ampliar a definición de pesca costeira artesanal no regulamento comunitario

17/03/2025 | 12:43 | C. do Mar

Martina Aneiros lembra que o prazo para presentar proxectos á convocatoria dos GALP finaliza o próximo 21 de marzo

Esta orde de subvencións cofinanciada polo fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura-Fempa conta cunha dotación plurianual de 14,6 M€ ata 2027

20/02/2025 | 16:36 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda destaca a gobernanza descentralizada como unha das principais fortalezas da UE e demanda maior peso das rexións na xestión dos fondos europeos

Asegura que é a forma máis eficaz de garantir que as prioridades dos cidadáns teñen o seu reflexo na política comunitaria

19/02/2025 | 14:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis dun millón de euros un inmoble do século XIX do centro histórico de Tui que albergará tres novas vivendas para alugueiro para menores de 36 anos

M. Allegue puxo en valor o inmoble, do século XIX, no que a Xunta investirá preto de 1,2M€, dos que a Xunta aporta máis de 1M€ e 150.000€ son fondos europeos, que se destinará a alugueiro accesible para menores de 36 anos