Actualidade
Buscador de novas
Rueda destaca que a Xunta xa concedeu 42 axudas por un importe de 2,9 M€ para propietarios das vivendas afectadas pola vaga de lumes do verán
Salienta a resolución doutras 10 achegas para negocios ou empresas afectadas por valor de 280.000 € e 36 para a recuperación de Tecores e espazos naturais protexidos
As familias galegas disporán de máis capacidade de gasto no 2026 ao aforrar 793 M€ polos beneficios fiscais, dos que máis do 88 % son de carácter social
O 99 % do orzamento estará sustentado en financiamento ordinario, debido ao descenso dos fondos MRR, e ese reforzo de recursos propios reflectirase, sobre todo, nas políticas de carácter social
Medio Rural duplicará no 2026 o seu orzamento para intensificar os labores de inspección e axilizar os traballos de xestión da biomasa arredor das aldeas
A Consellería pasa dun investimento de 7,75 a 15,5 M€ no convenio coa Fegamp e, ao mesmo tempo, crearase un Fondo de Garantía de Limpeza de Franxas dotado con outros 10, ata superar así aos 25 M€ para esta finalidade
Rueda eloxia o papel esencial de Cogami na construción dunha Galicia máis xusta, solidaria e inclusiva
Cualifica a Cogami como aliado esencial da Xunta e subliña o seu protagonismo para transformar o modelo asistencialista centrado na persoa
Rueda destaca que a Xunta aposta nos orzamentos do 2026 por un reforzo sen precedentes do gasto social, ao cal destina preto de 10.600 M€
Tres de cada catro euros dedícanse a sanidade, educación e política social, así como a políticas de emprego para promover o crecemento futuro de Galicia
Rueda pon en valor o CITEEC como exemplo de excelencia científica e reafirma o compromiso da Xunta coa investigación galega
A Xunta recoñeceu ao CITEEC da UDC como Centro de Investigación Colaborativo da Rede CIGUS, o que supón un apoio económico superior aos 1,2 millóns de euros ata 2027 para I+D+i e equipamento científico
Rueda anuncia que a Xunta adquirirá baixos en desuso para convertelos en vivenda pública e que ampliará as rebaixas fiscais para compra de vivenda de segunda man
Increméntase ata os 240.000 euros, con 30.000 euros máis por cada membro adicional da unidade familiar, o teito de patrimonio para acceder á bonificación do Imposto de Transmisións Patrimoniais do 8% ao 3% (ao 0% en zonas pouco poboadas)
Rueda anuncia preto de 3 M€ para axudar ás familias de Infantil e Primaria que utilicen comedores xestionados polas ANPAs, concellos e centros concertados
Estas novas axudas beneficiarán a preto de 20.000 alumnas e alumnos e irán moduladas en función da renda familiar