Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.695 novas da área temática Sanidade:

04/09/2026 | 12:45 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño celebra a consolidación en Galicia da Rede de praias sen fume máis ampla de España, concentrando un de cada catro areais libres de tabaco

Avanza o traballo conxunto coa Fegamp para deseñar unha normativa dirixida a regular as sancións nas praias sen fume e reforzar a loita contra o tabaquismo

03/09/2026 | 18:54 | C. de Sanidade
03/09/2026 | 15:22 | C. de Sanidade

O xerente do Servizo Galego de Saúde destaca as preto de 800.000 urxencias atendidas entre xuño e agosto como mostra do funcionamento da planificación sanitaria do verán da Xunta

Indica que o sistema sanitario galego deu resposta a máis de 309.000 atencións en urxencias hospitalarias, 7.000 máis que o ano pasado

03/09/2026 | 15:01 | C. de Sanidade

O xerente do Sergas salienta que máis do 50 % das mobilizacións da ambulancia medicalizada do Salnés se localizaron en Sanxenxo durante o verán

Nos meses de xullo e agosto a ambulancia medicalizada realizou 207 mobilizacións asistenciais, das cales 110 tiveron lugar en Sanxenxo, confirmando a conveniencia do emprazamento estival da base nesa localidade

03/09/2026 | 14:51 | C. de Sanidade

As medidas propostas pola Xunta ao Ministerio de Sanidade permiten acadar un novo récord histórico no sistema sanitario galego, que este ano forma en torno a 670 novos residentes

A aplicación dos cambios solicitados por Galicia, como a eliminación da nota de corte ou o proceso extraordinario para a cobertura de renuncias, permitiu reducir ao mínimo as prazas baleiras

03/09/2026 | 12:18 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño avanza o reforzo da atención ás adiccións en Noia cun espazo no futuro centro de saúde e medidas específicas no novo Plan de Saúde Mental 2026-2030

O titular de Sanidade destaca que as 13 unidades municipais de atención ás drogodependencias de Galicia que, desde este ano xa forman parte da estrutura do Sergas, atenderon en 2025 a máis de 7.400 persoas

03/09/2026 | 11:24 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 2,5 M€ a dotación de equipamento electromédico e mobiliario clínico da fase I do Plan Director do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol

Licítanse desfibriladores, ecógrafos, electrocardiógrafos de 12 canais, monitores de constantes vitais ou sistemas automáticos de dispensa de medicamentos, entre outros

02/09/2026 | 17:28 | C. de Sanidade

A Xunta activa mañá a alerta vermella por episodio de calor no interior de Pontevedra

As zonas do centro de Lugo, do interior da Coruña e da montaña de Ourense estarán en alerta laranxa

02/09/2026 | 16:18 | C. de Sanidade

A Xunta e o Concello de Lugo avanzan no proxecto do centro de saúde do Sagrado Corazón e na urbanización da parcela do antigo colexio

O conselleiro informou á alcaldesa da previsión de que as obras de reforma do centro de saúde da Milagrosa avancen a pleno rendemento tras afrontar a necesidade imprevista  de reforzo da estrutura 

02/09/2026 | 15:38 | C. de Sanidade

O xerente do Servizo Galego de Saúde visita o Hospital de Barbanza para coñecer de primeira man a súa situación e planificar as futuras necesidades asistenciais

Luis León percorreu a zona de consultas, a sala de endoscopias e os servizos de Urxencias, Radioloxía e Farmacia