Actualidade
Buscador de novas
A Xunta reforza a súa aposta pola innovación industrial con cinco novas liñas de apoio que superan os 47 M€ nos Orzamentos de 2026
Os Orzamentos da Consellería de Economía e Industria ascenden a 453,8 M€, un 6 % máis que no pasado exercicio porque, pese a perder 41,7 M€ do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE (MRR), increméntanse os fondos propios
A Xunta leva investidos preto de 4,2 millóns de euros en axudas para incrementar a seguridade no sector da pizarra
O director de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, acompañado do delegado territorial, Manuel Pardo, asistiu á Xornada sobre seguridade e saúde no sector da lousa celebrada en Carballeda de Valdeorras, onde destacou os avances alcanzados para garantir contornos máis seguros nesta industria
A escola infantil municipal de Ribadumia mellora a eficiencia enerxética co apoio da Xunta
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou as instalacións para comprobar as actuacións realizadas no marco da liña de axudas plurianual cofinanciada con fondos Feder
A Xunta inviste 60.000 € na mellora da eficiencia enerxética do pavillón deportivo de Oural, en Sarria
O delegado territorial, Javier Arias, visitou as instalacións e explicou que se procedeu á substitución da cuberta e o arranxo das carpintarías
A Xunta salienta que o sistema voluntario de créditos de carbono impulsa a acción climática coa combinación do compromiso ambiental coa oportunidade económica
Angeles Vázquez explica que o SICLE CO2 permitirá que empresas, organizacións e cidadáns poidan compensar as súas emisións mediante proxectos que reduzan ou absorban gases de efecto invernadoiro
A Xunta destinou máis de 14M€ a melloras da eficiencia enerxética de 200 establecementos turísticos de Galicia
O director de Turismo de Galicia participou na xornada ‘Eficiencia e Xeotermia. Sector Turístico’, onde afondou na aposta da Xunta por un sector turístico máis eficiente e sostible
Lorenzana: “Galicia non vai consentir que se fagan separatas enerxéticas coa nova planificación eléctrica”
Apunta que a proposta de planificación de redes de transporte de enerxía eléctrica ata 2030, desde onte en audiencia pública, destina a Galicia arredor de 330 M€, un 2,5 % dun total de 13.000 M€ para toda España
A Xunta presenta en Cerceda o proxecto ‘ActivaVerde’ para impulsar a empregabilidade das persoas afectadas polo peche das centrais térmicas
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na xornada de presentación da iniciativa no Viveiro de Empresas Municipal de Cerceda, mentres o próximo mércores se dará a coñecer na Casa Dopeso das Pontes
A Xunta destaca a colaboración co Clúster de enerxías renovables de Galicia para impulsar formación especializada e consolidar este sector estratéxico
A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, clausurou esta tarde o acto de entrega de diplomas dos últimos cursos promovidos por Cluergal co apoio do Goberno galego, enmarcado no ‘Enerforum 2025’
A Xunta reivindica Galicia como unha comunidade enerxética que quere aproveitar esta condición en beneficio da industria e as familias
O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, inaugurou hoxe a segunda edición das xornadas Energy Days, organizadas polo clúster das Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal)