Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 617 novas da área temática Exterior:

16/11/2025 | 12:50 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta eleva aos 8,9 M€ as axudas a novos proxectos emprendedores coas que promove a remuda xeracional e a continuidade de negocios asentados no territorio

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a ampliación de crédito da convocatoria de 2025 destas achegas, que tiñan inicialmente 6,7 M€ de orzamento, polo que se produce un aumento de case un 33 % co gallo de acadar as 800 entidades beneficiarias

10/11/2025 | 10:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta amosa en Salvador de Bahía a batería de medidas e apoios autónómicos ás persoas emigrantes que deciden retornar a Galicia

O secretario xeral da Emigración informou no Club Español á colectividade galega do nordeste brasileiro sobre a Estratexia Galicia Retorna e as oportunidades que ofrece Galicia ás persoas residentes no exterior interesadas en retornar

07/11/2025 | 13:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta propón o seu modelo de cooperación transfronteiriza como exemplo na Asemblea Rexional Euromediterránea

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participa como membro da Asemblea Rexional Euromediteránea na reunión da asemblea xeral en Palermo

05/11/2025 | 16:41 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Centro Dramático Galego coproduce en Portugal o espectáculo ‘José Afonso, ao vivo nos Coliseus, 1983’ que se estrea no Porto

O Rivoli do Teatro Municipal do Porto acolle os días 7 e 8 as primeiras funcións desta montaxe, que en decembro poderá verse tamén en Lisboa e Santiago de Compostela

03/11/2025 | 16:13 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta urxe ao Goberno central a rectificar e considerar as microcredenciais como ferramenta clave para a inserción laboral das persoas migrantes

Poñendo en valor o modelo Galicia para captar, reter e aproveitar o talento das persoas traballadoras de xeito ordenado e planificado, José González lamentou que non se tivesen en conta as microcredenciais na reforma da Lei de estranxeiría

31/10/2025 | 12:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a CCDR-NORTE conmemoran hoxe o Día da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal cunha declaración institucional conxunta

A institución desta data é unha forma de recoñecer o legado histórico do primeiro protocolo de cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal en 1991, con resultados concretos que benefician a 6,2 millóns de habitantes desta Eurorrexión

31/10/2025 | 12:41 | Axencia de Turismo de Galicia; Secretaría Xeral para o Deporte
30/10/2025 | 14:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta defende na Comisión Luso-Española para a Cooperación Transfronteiriza unha maior implicación das rexións no próximo cumio ibérico

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE presenta as prioridades galegas en mobilidade, cooperación en materia laboral e desenvolvemento territorial