Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.206 novas da área temática Medio ambiente:

01/02/2026 | 16:42 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez salienta o papel das asociacións de mulleres na defensa de intereses colectivos

Ángeles Vázquez pon en valor valor o tecido asociativo no rural como punto de encontro no que abordar casos similares, compartir experiencias de éxito e de fracaso, e poder atopar solucións

31/01/2026 | 15:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta emite o informe ambiental estratéxico do Plan básico municipal do Concello de Chandrexa de Queixa

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático resolve que á vista da documentación presentada e das consultas realizadas o instrumento de ordenación non terá efectos significativos no medio ambiente pero deberán atenderse certas condicións

31/01/2026 | 13:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta mellora e amplía as infraestruturas de abastecemento de auga do Concello de Palas de Rei cun investimento de preto de 100.000 euros

Ángeles Vázquez explica que esta actuación, financiada ao 100% por Augas de Galicia, beneficia de xeito directo a preto dun milleiro de veciños do casco urbano

30/01/2026 | 14:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia únese ao resto de comunidades e persoarase ante o Constitucional para defender a lei que retira o lobo ao norte do Douro do Lesrpe

Ángeles Vázquez rexeita o recurso presentado polo Defensor do Pobo contra a lei estatal de desperdicio alimentario, aprobada polo Congreso dos Deputados e que deu resposta ao que as comunidades lobeiras levaban reclamando desde 2021, cando o Goberno central elevou de forma arbitraria o nivel de protección da especie

30/01/2026 | 14:26 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta salienta a importancia do voluntariado ambiental na conservación dos espazos naturais

Marisol Díaz fixo fincapé en que estas actividades, que converten a visitantes e veciños en coidadores do medio, implican a persoas de todas as idades, o que propicia o aproveitamento do coñecemento tradicional

29/01/2026 | 16:11 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avanza na elaboración do Plan galego contra o desperdicio alimentario que incluirá mecanismos para reducir estes residuos nos fogares e na hostalería

Ángeles Vázquez subliña que esta iniciativa pioneira busca reducir nun 50% o desperdicio na venda final aos consumidores e nun 20% as perdas na produción e subministración

29/01/2026 | 15:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
29/01/2026 | 13:51 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación fluvial en máis de 3,6 quilómetros nos ríos Vilacoba e Vilaboa, nos concellos de Lousame e Noia

As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante arredor de seis semanas e inclúen a retirada de árbores caídas das canles fluviais para evitar atoamentos

29/01/2026 | 13:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta expón aos membros da Alianza galega polo clima as oportunidades ambientais e económicas que ofrecerá o mercado galego de créditos de carbono

Paula Uría explica que o Executivo galego está avaliando preto de 40 aportacións recibidas de distintos sectores como o forestal, o agrícola-gandeiro ou o marítimo-pesqueiro para deseñar este mecanismo e optimizar o seu funcionamento

29/01/2026 | 13:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financia a adquisición dun vehículo lixeiro ECO para os servizos municipais do concello de Castrelo do Val cunha achega de case 30.000€ do Fondo de Compensación Ambiental

Manuel Pardo incidiu que os obxectivos do Fondo de Compensación Ambiental, dotado con 11,2 millóns de euros en 2025 e que neste incrementa o orzamento a 11,4 millóns, son o impulso á sustentabilidade e á eficiencia enerxética das infraestruturas e equipamentos municipais