Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon en marcha obradoiros de verán para incentivar as vocacións tecnolóxicas entre as nenas
Desenvolveranse entre os meses de xullo e setembro nas aulas da Rede CeMIT, cun total de 28 sesións, e dúas adicionais no centro GaiásTech da Cidade da Cultura
A Xunta licita por 1,5 M€ a xestión de proxectos e desenvolvemento de 26 aplicacións informáticas do Servizo Galego de Saúde
Entre estas aplicacións están as que conforman o sistema de información de diagnóstico por imaxe, dos bancos de sangue, dos laboratorios de microbioloxía, dos tratamentos anticoagulantes orais ou do control de receitas de talonario en papel
O tecido empresarial galego incrementa o investimento en ciberseguridade en máis dun 30 % nun ano
Pemes e micropemes destinaron en 2023 máis de 150 millóns de euros a protexerse fronte á ciberdelincuencia, 36 millóns de euros máis que o ano anterior
A Xunta convoca a segunda edición dos premios que recoñecen o labor dos Axentes TIC das aulas CeMIT para impulsar a capacitación dixital da sociedade galega
Os profesionais responsables das aulas poden presentar as súas candidaturas desde mañá, ata o vindeiro 18 de xullo
Galicia contará no Cesga cun Centro Demostrador de Datos para as Ciencias da Vida no que se investirán 9 M€
O Cesga desenvolverá, cunha axuda de 3M€, unha plataforma tecnolóxica e un caso de uso de xestión da vacinación baseada en datos
A II edición de Innovatech FP premia o traballo de centros da Coruña, Culleredo, Ferrol, Lugo, Vilalba, Maceda, Ourense, Xinzo de Limia, Pontevedra e Vigo
O conselleiro de Educación pon en valor o potencial innovador da FP galega e destaca o éxito do programa, que duplica este ano o número de empresas participantes
A Xunta e a CEG traballan para optimizar as relacións das empresas galegas coa administración a través da simplificación administrativa e o uso das novas tecnoloxías
Este encontro enmárcase no esforzo que se está a levar a cabo na Xunta para promover a participación pública no eido da simplificación de procedementos administrativos
Ourense concentrará nun laboratorio transversal os recursos para impulsar e coordinar a ciberseguridade en Galicia
O Parque Tecnolóxico de Galicia Tecnópole acolleu hoxe a xornada `Galicia cibersegura: protexendo o tecido empresarial´ no marco do encontro CIBER.gal 2025
A Xunta aposta por facer de Galicia un territorio líder en tecnoloxía agroalimentaria
A directora do Igape, Covadonga Toca, inaugura o evento ‘O reto de converter Galicia no líder tecnolóxico do sector agroalimentario’, onde destaca que “innovar non é unha opción, senón a vía cara á competitividade do futuro”