Actualidade
Buscador de novas
A Xunta habilitará tres sendas en Porto do Son ao longo da AC-550 que suman 2,8 km e nas que investirá 1,5 M€
Actuarase coa habilitación de tres treitos na AC-550, entre Linteiros e A Gafa; o Alto de Olveira e Cadeiras e entre Cans e Quintáns
Rueda sinala que o novo Plan de sendas de Galicia permitirá executar máis de 120 km de itinerarios nas estradas autonómicas cun investimento de preto de 70 M€
Lembra que este plan permitiu xa acometer case 300 quilómetros de novos itinerarios cun investimento de preto de 144 M€, e que foi recentemente distinguido nos premios europeos á excelencia na seguridade viaria 2024
A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética da Casa da Cultura de Val do Dubra cun investimento de máis de 114.000 €
Un total de 8 concellos da comarca de Santiago recibiron achegas do Goberno galego ao abeiro desta liña por un importe de máis de 875.000 euros
A Xunta convoca para xaneiro e febreiro os actos expropiatorios para a construción dunha senda na estrada autonómica PO-407 no Porriño
Esta actuación de mellora da seguridade viaria, especialmente para os peóns, suporá un investimento autonómico de 425.000 euros
A Xunta convocará no 2025 unha nova liña de axudas para apoiar a incorporación de agricultores e gandeiros en ecolóxico
Esta partida estará incluída na solicitude única da PAC e as persoas interesadas en solicitalas deberán inscribirse no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica antes de finais de ano
A Xunta inviste este ano preto de 300.000 € en actuacións impulsadas polos concellos de Pontedeume, Ares e A Capela no marco das axudas de apoio ao eido local
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou as localidades para comprobar as melloras feitas en diversas infraestruturas municipais
Galicia reclama que as rexións sigan tendo un papel relevante na planificación e xestión dos fondos europeos
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE participou no pleno do Comité Europeo das Rexións (CdR), no que defendeu que a comunidade galega loitará por preservar os programas rexionais dos fondos europeos
Lara Meneses destaca o impulso á inserción laboral da mocidade do ‘Xuventude Mentoring na Empresa’
A directora xeral de Xuventude visita a Asociación de Empresarios de Redondela beneficiaria do programa, e recibe aos mozos que comezan a estadía en Peter Taboada
A rede de sendas peonís e ciclistas nas estradas da Xunta, recoñecida hoxe nos Premios europeos á excelencia na seguridade vial 2024
A estratexia de mobilidade alternativa do Goberno galego vén de ser nomeada nos premios Excellence in Road Safety da UE, na categoría de mellores proxectos de apoio á seguridade viaria para peóns e ciclistas polas actuacións executadas nas vías autonómicas
A Consellería do Medio Rural participa nun programa para mellorar xeneticamente as abellas galegas
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participou na presentación deste proxecto, enmarcado na convocatoria de 2023 para a execución de proxectos innovadores dos Grupos Operativos da Asociación Europea da Innovación