Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 137 novas da área temática Litoral:

30/09/2025 | 14:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta abre a partir de mañá o prazo para que os concellos costeiros poidan pedir autorización para explotar servizos de tempada no seu litoral

Tras o traspaso a Galicia o pasado 1 de xullo das funcións e servizos para a xestión do litoral, esta é a primeira vez que o Goberno autonómico tramitará de forma directa este tipo de solicitudes na zona de dominio público marítimo-terrestre

26/09/2025 | 12:22 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda salienta a importancia da combinación de economía e respecto polo medio ambiente para o desenvolvemento do litoral

Aposta polo diálogo directo e a colaboración co sector, que aporta arredor do 2% do PIB autonómico, para avanzar en proxectos de infraestruturas, dixitalización e transición enerxética

19/09/2025 | 14:54 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e a Autoridade Portuaria de Vigo colaborarán para garantir que se poida visitar o edificio anexo ao faro de Cíes

Ángeles Vázquez explica que o porto asumirá o custo e execución dos labores de restauración na zona e o Goberno galego encargarase da xestión das futuras visitas, mediante a implantación dun sistema de acceso con código QR e previa reserva

18/09/2025 | 14:53 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta

Rueda impulsa o Pacto polo Litoral como acordo histórico de gobernanza compartida entre a Xunta e os concellos costeiros

Nas próximas semanas aprobarase a constitución do Foro do Litoral, que se converterá no máximo órgano de participación nesta materia

12/09/2025 | 13:44 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta

Rueda pon en valor que a Xunta xa ten identificados 1.600 elementos a incluír no Catálogo de bens culturais do litoral galego

Este fito acadouse en tan só dous meses desde que o Estado formalizou o traspaso de servizos e funcións en materia de ordenación e xestión do litoral

07/08/2025 | 13:36 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta emitiu preto de 130 títulos para usos e ocupacións do litoral no primeiro mes de exercicio pleno das competencias sobre a costa

Ángeles Vázquez destaca que entre os 127 expedientes resoltos desde o pasado 1 de xullo están arredor dun terzo das solicitudes de autorización trasladadas polo Goberno central e que estaban pendentes de emitir unha resolución