A Xunta participa con axentes locais nunhas xornadas internacionais sobre paisaxes litorais

Oleiros (A Coruña), 12 de setembro de 2025

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, moderou hoxe unha mesa redonda con axentes locais dentro das xornadas internacionais Paisaxes litorais consilientes, promovidas pola Fundación Juana de Vega e que se celebran hoxe e mañá en Oleiros. As xornadas están centradas no desenvolvemento sostible dos bordos litorais dende a perspectiva da paisaxe, o capital natural e a infraestrutura verde, tomando como caso de estudo a cidade da Coruña.

A mesa moderada por Marta Mariño forma parte da sesión Novos usos e oportunidades económicas, sociais e culturais e nela participaron representantes do Grupo de Estudos Territoriais (GET) da Universidade da Coruña, da Asociación de Usuarios do Porto da Coruña (Ausport), da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña e do Concello da Coruña.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/09/2025