Actualidade
Buscador de novas
A Xunta aposta por impulsar o consumo responsable e a reciclaxe coa celebración en Santiago da sexta edición do mercado circular do Tinglado
María José Echevarría explica que a iniciativa terá lugar no centro comercial Área Central a última fin de semana de maio, cun total de 80 expositores dispoñibles para vender todo tipo de produtos usados e poder darlles así unha segunda vida
A Xunta dá luz verde ambiental ao proxecto para ampliar unha planta de elaboración de produtos alimentarios conxelados na Pobra do Caramiñal
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
A Xunta dá luz verde ambiental ao cambio de uso de solo forestal a agrícola de 110 parcelas para o plantado de viñedos no Concello de Boqueixón
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que o proxecto teña impactos significativos sobre a contorna sempre e cando se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
Galicia contabiliza este ano un 30% máis de aves acuáticas e mariñas que no censo de 2025 e cunha maior variedade de especies
Ángeles Vázquez explica que estes datos que se recompilan anualmente serven para priorizar a conservación das especies e para valorar os cambios no tamaño das súas poboacións, así como para facer seguimento ambiental dos seus hábitats
A Xunta investirá 120.000 € na reconstrución integral de tres pasarelas no río Loio ao seu paso por Paradela
Ángeles Vázquez salienta a importancia desta intervención para poñer en valor a ruta duns 7 km que atravesa o Espazo natural de interese local Loio-Ruxidoira, o único deste tipo na provincia lucense e o máis extenso dos sete que hai en Galicia
A Xunta concede 32 axudas por un total de case 1,4 M€ para impulsar solucións naturais nos concellos fronte aos efectos do cambio climático
Ángeles Vázquez explica que o obxectivo destas achegas é promover proxectos municipais para previr os riscos derivados do quecemento global, así como para identificar e crear espazos urbanos que actúen como refuxios climáticos
A Xunta pon en valor os ecosistemas costeiros como sumidoiros de carbono claves para avanzar cara á neutralidade climática
Aposta por situar as marismas, pradeiras mariñas ou zonas intermareais no centro das solucións baseadas na natureza contribuíndo tanto á loita contra o cambio climático como á conservación da biodiversidade e ao desenvolvemento sostible do litoral
A Xunta afronta a fase final do proxecto europeo GIFT para incorporar ás políticas de paisaxe os resultados das dúas accións piloto que executa en Galicia
Enrique de Salvador explica que, por un lado, se traballa para restaurar corredores ecolóxicos en Curtis e por outro, na instalación de caixas de madeira con manto vexetal para mellorar os hábitats dos organismos que viven en árbores ocas