Actualidade
Buscador de novas
Fabiola García traslada á mancomunidade Terra de Celanova o compromiso da Xunta coa atención aos maiores do rural
A conselleira de Política Social e Igualdade lembrou que o Goberno galego vai reforzar a rede de casas do maior con dez novos recursos que permitirán chegar ás 800 prazas
Lorenzana anuncia que a partir do 29 de xullo xa se poderán solicitar as axudas por valor de 45 M€ para empresas do sector da automoción
O programa estrutúrase en tres liñas de actuación cun importe de 15 millóns de euros cada unha
A delegada territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Belén do Campo, fai balance do primeiro semestre do ano na Comisión de territorial de coordinación
Na comisión territorial de coordinación, ademais de realizarse un balance do primeiro semestre do ano, tratáronse as actuacións a levar a cabo o día 12 de agosto no que terá lugar o eclipse solar total. Abordouse o tema das incapacidades temporais e a situación actual do Concurso de traslados
A Xunta pon en valor nunha exposición da Fundación Cela o papel de Padrón na rodaxe de ‘La Casa de Troya’
O director xeral de Cultura destaca que “se trata dun dos primeiros audiovisuais galegos e que se converteu nun fito cultural imprescindible do seu tempo”
A Xunta concede axudas por un importe global de case 90.000 € para promover no litoral ‘chiringuitos’ máis sostibles e integrados coa paisaxe
Entre as actuacións subvencionadas, destacan o uso de materiais sostibles e de baixo impacto ambiental, a xestión de residuos, o aforro de auga e enerxía e a accesibilidade
A Xunta reúne en Muimenta o consello asesor de Ultreia Galicia para seguir avanzando na estratexia de emprendemento ligado ao territorio
José González coñeceu as principais liñas de traballo e a evolución dos proxectos piloto desenvolvidos polos diferentes grupos constituídos para fortalecer o tecido emprendedor e favorecer novas oportunidades de desenvolvemento local
A Xunta pon en valor a colaboración público-privada con entidades como a Fundación RIA como vía para impulsar proxectos aliñados cos retos do territorio
José González salienta a contribución de Casa RIA como espazo de referencia para a reflexión e o diálogo para conectar os desafíos globais desde unha perspectiva local adaptada á realidade galega, favorecendo sinerxías e intercambio de coñecemento